Nove concellos conforman a rede de feiras sustentables
envíado por ferias-y-mercados | 16 Mayo 2008 | sin comentarios
Nas comarcas hai catro citas no calendario: Cerdedo, Río (Rodeiro), A Estrada e Soutelo de Montes
CH. L. 16/5/2008

A Feira de Río é a seguinte no calendario de Deza e Tabeirós
Nove concellos da provincia conforman, de momento, a rede de Feiras Galicia Sustentable, que os seus promotores -organizacións e asociacións vencelladas ao medio rural e responsables da Xunta- pretenden expandir por toda a Comunidade.
Trátase dunha iniciativa fundamental «para poñer en valor os nosos produtos», según dixo o delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla, onte na presentación destas feiras, na que tamén estiveron representantes da Consellería de Innovación e Industria, concellos e diversas asociacións que organizan as distintas citas.
Este circuito de feiras, que agrupa algunhas que xa se viñan celebrando, como a de Outono de Pontevedra que vai pola súa décima edición, pretende, ademais de poñer en contacto aos organizadores, propiciar a aparición doutras novas, como a da Pedreira, en A Lama, que se estrena este ano, concretamente o 23 de agosto. Asemesmo, trátase dunha aposta polo comercio de proximidade e por ofrecer unha canle de comercialización que beneficie tanto ao produtor como ao consumidor, pois evítanse intermediarios que encarezan o produto.
Con esta rede que ten un calendario fixo, tamén se pretende facilitar a planificación dos produtores que acoden cos seus alimentos, artesanía ou gando.
Nestos mercados haberá produtos agroalimentarios galegos, desde os amparados por denominacións de orixe ou calidade e de agricultura ecolóxica de Galicia, ata os denominados produtos da casa, como verduras, legumes, queixos, pan, ovos ou carne, xunto con artesanía. Tamén haberá exposición de razas autóctonas e non faltarán os obradoiros e outras actividades lúdicas, como concertos, contacontos, etcétera.
As feiras desenvolveranse ao longo de todo este ano. A primeria foi a Festa da Vincha de Cerdedo, que se celebrou en febreiro pasado. A próxima edición seguirá coa organización a cargo de Espadela, Verbo Xido, el Concello de Cerdedo e o Concello de Pontevedra. Seguirálle as de ArtenaIlla, na Illa do Samertolameu, en Moaña, que terá lugar mañá, e a de Cuspedriños, en Cotobade, que será o domingo.
As seguintes citas serán a do Agro de Camba, en Rodeiro, o 20 de xullo que coincidirá coa Feira de Río, organizada pola asociación de veciños. Chega a quinta edición. Continuará a citada de A Lama, e a da Estrada, os días 10 e 11 de outubro. Será a segunda edición e celebrarase na praza de abastos. Organizarána a concellería de Medio Rural e Turismo e colabora o Sindicato Labrego Galego e a cooperativa Monte Cabalar. A edil estradense, Raquel López, explicou que se hai outros colectivos que queren colaborar, poderano facer. Incluirán productos do rural estradense e da comarca (mel, leite, froitas, conservas e viño), degustación de carne de gando criado en extensivo pola cooperativa Monte Cabalar.
Logo celebraranse a feira sustentable de Soutelo de Montes (Forcarei) a finais de outubro ou principios de novembro. Será na Praza do Gaiteiro e coincidindo coa décima edición da Festa dos Cogumelos, que aínda non ten data fixada. Organizána a Asociación de Veciños de Soutelo de Montes. A continuación será a do Outono de Ponteareas, os días 1 e 2 de novembro. E pecha este calendario a Feira do Outono de Pontevedra, o 15 e 16 de novembro.
http://www.lavozdegalicia.es 16/05/2008








Ferias y Mercados de las Islas Baleares
Federación Gallega de Municipios y Provincias
Federación Andaluza de Municipios y Provincias
Federación Asturiana de Concejos