Powered by Yahoo Search
Jazztelia TV Revista Túlallevas!

MÁIS DE 300 PERSOAS CONTRA O EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA

envíado por Ferrol | 4 Diciembre 2006 | 3 comentarios

Asociacións de veciños, sindicatos, entidades culturais e tamén o Centro Comercial Aberto sumáronse á primeira concentración en protesta pola construcción do inmoble. Os convocantes amosáronse satisfeitos pola resposta cidadá e anuncian novos actos de protesta para os vindeiros meses.

A manifestación comezou ás doce do mediodía no edificio de usos múltiples da Xunta e camiñou cara á praza de Armas pola rúa Real. Alí coincidiu coa chegada do XXI Memorial Adolfo Ros e tamén cunha choiva torrencial que non impediu a lectura dun manifesto nin desesperanzou ás máis de 300 persoas que acudiron a unha convocatoria na que participan 17 colectivos da cidade. Son as asociacións veciñais Fontelonga de Esteiro, Ferrol-Vello, Santa Mariña, San Xoán-Bertón, O Cruceiro de Canido, O Rosario do Inferniño e San Fernando de Recimil. Tamén se sumaron á protesta a asociación cultural Fuco Buxán, o Centro Comercial Aberto da Magdalena, os sindicatos CCOO e UGT, o colectivo veciñal Sartaña, Esquerda Unida-IU, Os Verdes, Nós-Unidade Popular, a Federación de Apas de centros públicos de Ferrolterra e a Plataforma Ártabra 21.

Loitan para evitar que se faga un edificio na praza de España (de 21 metros de altura e case 7.500 metros cadrados de superficie comercial e de servizos privados xestionados durante 75 anos pola empresa adxudicataria) e tamén critican o procedemento administrativo que levou a esta situación, denunciado ante a Fiscalía pola Federación Veciñal Roi Xordo.

"As grandes cidades presumen das súas rúas e prazas, dos seus parques e xardíns, como signo da calidade de vida da que gozan os que alí viven. Sen embargo, algúns queren facernos crer que a calidade de vida non ten nada que ver co gozo dos espazos públicos, que o progreso reside no cemento e nos centros comerciais", explica o manifesto que leu unha representante da xunta coordenadora que convocou a manifestación.

"Mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente desta norma na praza de España. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans", continúa o escrito.

Os convocantes consideran que o acto de onte foi un éxito, tendo en conta a adversa meteoroloxía, e valoraron moi especialmente o interese cidadán neste asunto. Ademais, anunciaron futuras accións, previsiblemente para finais de xaneiro. Xosé Manuel Sanxoán, membro da asociación veciñal O Rosario e da Plataforma Ártabra 21, amosou a súa satisfacción aínda que recoñeceu que botou en falta na manifestación unha representación dos hostaleiros e tamén da directiva da Federación Veciñal Roi Xordo.

Na marcha houbo tamén espazo para outro tipo de protestas relacionadas co urbanismo, como a dos veciños que piden a rehabilitación do barrio de Recimil ou os que protestan contra o proxecto de piscina na praza de Sartaña.

Xulgados > A Federación Veciñal Roi Xordo puxo en coñecemento da Fiscalía os feitos relacionados con esta obra que consideran que poden ser penados. A adxudicación do proxecto de construcción do vial subterráneo e da urbanización da praza a pesar de contar co informe contrario do secretario do Concello, o inicio das obras do edificio nun solo cunha calificación que non o permite ou a decisión de non paralizar as obras a sabendas da súa ilegalidade son algúns dos seus argumentos.

El Diario De Ferrol


3 comentarios - Escribe aquí tu comentario

lo dijo cuturru el 7 Diciembre 2006 | 09:59 AM

Asociación de Veciños de Santa Maríña, con Fontao presidente de Roi Xordo.

Asociación de Veciños de Esteiro Fontelonga.

Asociación de Veciños de Canido.

Asociación de Veciños de Ferrol Vello.

Asociación de Veciños de San Xoán-Bertón.

Estas cinco asociacións pertenecen a Roi Xordo e foron convocantes da manifestación.

Roi Xordo está composto por 10 asociacións da zona urbana de Ferrol, así que a metade das mesmas estaban presentes.

Faltaron A Graña, San Felipe, Ensanche A, Ensanche B e por suposto Recimil ( Caselas )

lo dijo Valentin el 9 Diciembre 2006 | 03:50 AM

Es una verguenza el abuso y el desprecio con que estas autoridades hacen uso de sus cargos.Ese edificio es una aberración y un fraude a la ciudad, y a las empresas asentadas como portales de ella.

lo dijo gonzo el 15 Diciembre 2006 | 07:46 PM

CONTAMINACIÓN

O BNG denuncia: "A ría de Arousa é unha bomba de reloxería"

Bieito Lobeira esíxelle á Xunta cumprir co pacto de retirar os depósitos químicos do Ferrazo no porto de Vilagarcía ·· Pide tamén a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos nesta zona

E.P. . SANTIAGO

O deputado do BNG responsable de Pesca, Bieito Lobeira, reclamoulle onte ó PSOE que cumpra o compromiso que adquiriu en febreiro de 2002, conxuntamente co Bloque, para trasladar fóra da ría de Arousa os depósitos químicos e petrolíferos do Ferrazo no porto de Vilagarcía (Pontevedra).

Así, recordou que o 23 de febreiro de 2004 ambas as formacións se comprometeron a cambiar de localización estes depósitos se chegaban ó goberno da Xunta. "Foi Antón Louro -entón secretario de Organización- quen asinou ese compromiso en nome de Touriño", puntualizou.

Por iso, e por medio dunha proposición non de lei, o BNG insta o Executivo central a que poña en marcha as "medidas necesarias" para retirar e trasladar fóra da ría de Arousa os depósitos que actualmente están no Ferrazo, así como a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos nesta ría. Tamén pide Xunta que se activen as actuacións "precisas" e no "ámbito das súas competencias" para modificar a súa actual localización.

"Gustaríanos que esta iniciativa se aproba por unanimidade", subliñou á vez que precisou que, desta forma, o BNG quere cumprir co compromiso adquirido cos habitantes da comarca do Salnés en 2000. "Por iso convertémonos nos portavoces das súas reivindicacións", agregou. Lobeira subliñou que a ría de Arousa é unha "bomba de reloxería" se se manteñen os depósitos químicos e petrolíferos. Así, subliñou que o 30% dos buques que entran no porto de Vilagarcía son petroleiros con máis de 25 anos, o 33% dos cales sufriu detencións noutros peiraos por deficiencias.

Na actualidade, o tránsito de hidrocarburos neste porto chega ás 300.000 toneladas/ano, e os nacionalistas estiman que un incremento vinculado ó proceso de ampliación -con novos recheos- alcanzaría no 2010 as 750.000 tns/ano. Por iso, o BNG recalcou que o mantemento deste material na súa actual localización representa un "risco inasumible".

Salvagardar a riqueza natural e económica do contorno

Neste sentido, destacou a riqueza natural e económica da ría de Arosua, especialmente nos sectores do turismo e do mar-industria. "A suma da produción e facturación de todas estas actividades supoñen unha cifra próxima ós 800 millóns de euros anuais e posibilitan 26.000 empregos directos que supoñen máis da metade de todo o emprego da ría", aclarou.

A CERNA Desautorizados polo Tribunal

Lobeira recordou que unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza anulou a resolución de Industria do PP que autorizaba a instalación de almacenamentos de produtos químicos na zona.





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html