Jazztelia TV Revista Túlallevas!

A ASOCIACION DE VECIÑOS DE FERROL VELLO E A COMISIÓN CIDADÁ POLA RECUPERACIÓN DE FERROL VELLO DENUNCIA O ESTADO DA CASA NATAL DE CARVALHO CALERO

envíado por Ferrol | 22 Marzo 2007 | sin comentarios

Hoxe mércores, a eso das 12.30 horas, dúas unidades do corpo de bombeiros municipais personáronse á altura da rúa San Francisco, 51, xunto con técnicos municipais. A razón era, ao parecer, o risco que supoñían galería e cornixa da fachada da casa natal de Carvalho Calero, que facía necesaria a súa intervención.

Nunha primeira actuación, os bombeiros, como se mostra nas imaxes que se adxuntan, limitáronse a eliminar alguns elementos da galería e cornixa, pedazos de madeira soltos, listóns e elementos ornamentais apodrecidos, por considerar que era suficiente para garantir a seguridade. Nembargantes, os técnicos municipais creron oportuno eliminar dous montantes da galería e varios panos acristalados, deixando parte da cuberta do vóo sen substentación algunha.

Sen entrar a valorar a xustificación desta intervención, pensamos que o de hoxe supón un paso máis cara a declaración de ruina do inmoble (que o concello ten enriba da mesa, e sobre a que terá que decidir en breve a instancias dos propietarios) e, polo tanto, a destrucción definitiva dun elemento moi significativo do patrimonio arquitectónico e cultural da nosa cidade.

Non é difícil sospeitar que detrás da pasividade dos propietarios hai unha estratexia clara:

Primeiro, deixar o edificio sen protección nengunha e mesmo contribuir discretamente ao deterioro da súa cuberta.

Logo, xa exposta a propiedade ás inclemencias meteorolóxicas, só queda agardar a que éstas deixen notar os seus efectos sobre a cuberta, estructura e carpintería do inmoble, xerando os consabidos problemas e perxuicios sobre a calidade de vida dos veciños do barrio: inseguridade por desprendementos nas rúas, suciedade nas ruinas, paisaxe urbana desagradable, etc.

Finalmente, cando o estado de deterioro é xa moi avanzado, só queda solicitar a declaración de ruina, que o Concello concede.

Con esto, o que antes era un edificio único na súa especie, de interese patrimonial e cultural, agora é un solar onde facer un par de alturas máis das que antes había. Esto, que tristemente vai sendo cada vez mais habitual, supón unha perda irreparable para o patrimonio construido da cidade.

A asociacion de Veciños de Ferrol Vello e a Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello queren denunciar públicamente, por tanto, a desidia coa que segue a tratarse este tema, e reclama ao Concello un cambio radical de actitude.

Á marxe do particular interese deste edificio, preguntámonos por qué o Concello de Ferrol non fai cumplir a ley esixindo aos propietarios as súas responsabilidades na conservación do patrimonio, por qué non lles obriga a cumprir có deber de mantenemento do estado das súas propiedades, especialmente nos barrios de meirande valor cultural (Ferrol Vello, a Madalena, Esteiro e partes de Canido). Non pedimos nada novo, non fan falla reformas lexislativas; bastaría con aplicar a lexislación urbanística vixente, que contempla un proceso perfectamente reglado: os técnicos municipais visitan o inmoble e fan un informe do seu estado; a concellería de Urbanismo insta ao propietario a reparar o edificio nun prazo determinado, e a partir desta data pode impoñer sancións e multas, chegando finalmente a facer a obra de reparación por conta do propietario.

Nembargantes, esta iniciativa municipal non se ve case nunca, cando debía ser práctica común tendo en conta o estado de abandono de tantos inmobles no barrio. En todo Ferrol Vello tan só media ducia de edificios teñen aberto un proceso de este tipo, aínda que a Asociación de Veciños xa instou en dúas ocasións nos últimos seis meses ao Concello a intervir neste eido, adxuntando na solicitude unha relación de máis de 25 inmobles que consideraba estaban en mal estado.

Pero queremos insistir que neste caso concorre ademáis unha circunstancia agravante: o inmoble é a casa natal dun importante escritor, feito que en moitos lugares é aproveitado para crear casas-museo ou pequenos centros culturais onde se dean a coñecer a súa figura e a súa obra (qué gran idea sería unha biblioteca de barrio). Non é a primeira vez que, seguindo algunha guía turística da cidade, algún visitante pregunta pola Casa Natal de Carvalho Calero, poñendo a algún veciño do barrio no compromiso de lle sinalar, non sen vergoña, unha ruina.

A adquisición da Casa Natal de Carvalho Calero foi acordada o pasado ano polo Pleno da Corporación Municipal, e inclúese no convenio de Reurbanización da Madalena e Ferrol Vello, a conta do IGVS da Xunta de Galicia. Polo tanto non lle costaría un peso ás arcas municipais, e se non se fai é por falta de vontade política.

Esiximoslle ao Concello, xa que logo, o cumprimento dos compromisos adquiridos.

O vindeiro luns cúmprese o XVII aniversario do escritor e filólogo. Bonita forma de celebralo.

BONITA FORMA DE CELEBRALO


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html