CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL O SABADO 12 DE MAIO AS 12:00 DA MAÑÁ
envíado por Ferrol | 11 Mayo 2007 | sin comentarios
A raíz da entrada do gasero, chamado Galicia Spirit, desde o mércores 9 de maio de 2007 ás 9,30 da mañá en adiante a poboación da Ría de Ferrol está sometida a unha ameaza real dia e noite, polo risco dun accidente grave que poden provocar sustancias perigosas na planta que Reganosa está construíndo ou no buque gasero que ali aesta atracado.
Por iso o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha concentración nos peiraos de Curruxeiras en Ferrol, ás 12 da mañá do sábado próximo día 12 de maio de 2007, coa finalidade de que:
a) A cidadanía Exprese o seu rexeitamento á entrada ilegal dentro de ríaa dun buque Gasero cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado, para descargalo nos tanques que a empresa Reganosa está construíndo, sen ter todos os permisos, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción e que deben ser cumprimentados antes da posta en funcionamento, entre eles os riscos para a vida humana nas poboacións próximas e a saída de urxencia dos buques gaseros, ambos imposibles de cumprimentar, polo que é ilegal a acta de probas outorgado o 4 de maio polo Área de Enerxía desa Subdelegación que serviu de pretexto para burlar a lei coa entrada de devandito buque gasero.
b) A cidadanía esixa por escrito o cese do Capitán Marítimo de Ferrol D. Jorge Cao Ruiz, do Presidente da Autoridade Portuaria D. Amable Dopico Freire e do Delegado do Goberno D. Manuel Ameijeiras Vales, por permitir a entrada do gasero Galicia Spirit cargado de gas natural licuado, a partir do cal iníciase un risco, permanente día e noite, de accidente grave que ameaza a vida da poboación próxima e á riqueza marisquera dentro de Ríaa de Ferrol.
Así mesmo o Comité Cidadán de Emerxencia acordou continuar coas actuacións por via administrativa, xudicial, de movilización e información á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de Regañosa.


www.aduaneirossemfronteiras.org