Jazztelia TV Revista Túlallevas!

ÁNXELA BUGALLO PRESENTA O VIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS QUE SE CELEBRARÁ EN FERROL NO MES DE XULLO

envíado por Ferrol | 14 Mayo 2007 | sin comentarios

ÁNXELA BUGALLO PRESENTA O VIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS QUE SE CELEBRARÁ EN FERROL NO MES DE XULLO

• A festa marítima bianual do patrimonio galego marítimo e fluvial chega entre o 5 e o 8 de xullo a Ferrol. Onte presentábase na Dirección Xeral para o Deporte

O proxecto NaBeira08, posto en marcha pola Consellaría de Cultura e Deporte e a Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), dará abrigo este ano á celebración do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza, que se celebrará en Ferrol entre os días 5 e 8 de xullo.

Onte, na Dirección Xeral para o Deporte, presentábase este evento, nunha rolda de prensa á que acudiron, ademais da conselleira Ánxela Bugallo; o presidente da FGCMG, Fernando Piñeiro; o responsable da área de Promoción Económica e Turísitica da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e o presidente do Club de Mar Ferrol, Bernardo Maiz.

Ánxela Bugallo falou dos Encontros como "o momento de facer realidade todo o traballo realizado pola Federación, para chegar a Brest co traballo feito a prol da difusión e da posta en valor da cultura marítima e fluvial galega". A conselleira de Cultura e Deporte destacou que o apoio á celebración destes Encontros "continúa a política de fomento da náutica que se desenvolve dende a Dirección Xeral para o Deporte, e que ten tres grandes obxectivos: difundir e rehabilitar o patrimonio marítimo e fluvial; dinamizar o sector das embarcacións tradicionais para o tempo de lecer e a práctica deportiva e, por último, outorgar o recoñecemento social ao noso patrimonio como acervo cultural do pobo galego". O Encontro de Ferrol contará tamén coa exposición Patrimonio do vento e do sal: embarcacións tradicionais de Galiza.

Bugallo afirmou que o proxecto NaBeira08 conseguirá que o ano 2007 sexa o do recoñecemento a un patrimonio polo que Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial leva case trece anos traballando.

Pola súa banda, Fernando Piñeiro agradeceu o apoio das institucións públicas á celebración deste VIII Encontro, e lembrou que dende a cuarta edición, celebrada en Rianxo -as posteriores en Combarro, a Illa de Arousa e Cambados- cada edición bianual "supón medrar un paso" no recoñecemento deste patrimonio. Piñeiro destacou que estes encontros acadaron o seu mellor momento no pasado 2005, cando en Cambados se deron cita representantes de Portugal, Irlanda e de toda a Península Ibérica. Ese VII Encontro serviu "para amosar a riqueza antes agochada, e para que as embarcacións tradicionais tivesen un importante recoñecemento social, algo que estamos seguros de superar este ano, coa axuda dos apoios institucionais".

Os Encontros de Embarcacións Tradicionais chegan á Ferrolterra

O presidente do Club do Mar de Ferrol, Bernardo Maiz, estivo na presentación e afirmou que para a comarca de Ferrolterra, "é unha fachenda poder presentarlle ao mundo toda a riqueza marítima de Galiza dende Ferrol".

Maiz adiantou que entre os días 5 e 8 en Ferrol realizaranse regatas, presentacións de embarcacións, obradoiros didácticos e visitas didácticas ás embarcacións, entre outras actividades, que descubrirá esta ata agora descoñecida riqueza patrimonial. Para o presidente do Club de Mar Ferrol, este será "o encontro máis importante da Península Ibérica, que traerá á nosa terra as representacións da tradición marítima e fluvial de Francia, Portugal e Irlanda".

En terra, estableceranse exposicións dos museos do mar máis significativos, e realizaranse unhas xornadas técnicas sobre a conservación das embarcacións tradicionais dende o ámbito lexislativo. Estas xornadas desenvolveranse a bordo do Hidria II, o chamado Barco da Memoria da Consellaría de Cultura e Deporte.

Arroutada noticias.com


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html