PASEO URBANO POLOS DESPROPÓSITOS MUNICIPAIS, EN FERROL
envíado por Ferrol | 18 Mayo 2007 | sin comentarios
O domingo, 20 de maio, partiremos as 11 da mañá desde a Praza de Sartaña, onde comezaremos un paseo urbano, a pé e en bici, ao cal convocamos a toda a veciñanza de Ferrol, por algúns dos pontos quentes dos despropósitos municipais. Despois de Sartaña, pasaremos por Recimil, Praza da Porta Nova [Praza de España], Baluarte de Canido [simbolizando a zona rural], Rúa Insua en Canido, e remataremos na Praza Vella de Ferrol-Vello, ás 12½ pasado o mediodía. En cada parada denunciaremos os despropósitos municipais e formularemos as reivindicacións veciñais, deixando unha etiqueta indicativa.
Para que a Praza de Sartaña siga sendo sempre pública.
Pola Rehabilitación integral do barrio de Recimil, tendo en conta a situación social e idade dos seus moradores, poñendo especial énfasis no respeito á dignidade das persoas.
Por unha Praza da Porta Nova [Praza de España] sen macro-edificio, para uso e goze de toda a cidadanía.
Para que a Fraga de Menáncaro sexa un espazo natural protexido libre da especulación urbanística.
Para que se teña en conta, informe e haxa diálogo coa veciñanza do rural na resolución dos seus problemas [Os Corrais, Mandiá, ...]
Para que se protexa o Cha de Brión da especulación e de políticas visionarias onde o único valor é o cemento e o desenvolvemento insostíbel.
Par que se teñan en conta as alegacións ecoloxistas e veciñais ante o Proxecto do Polígono Industrial de Leixa.
Para que a veciñanza da Rúa Insua de Canido, sexa tratada con dignidade, e se lles pague un prezo xusto pola sua vivenda e un realoxo digno.
Pola rehabilitación integral de Ferrol-Vello, comezando pola casa de Ricardo Carvalho Calero, dando cumprimento aos acordos plenarios.
Polo desaparición de muros na cidade, para que Ferrol sexa unha cidade aberta ao mar.
Pola devolución das instalacións militares ao povo de Ferrol sen coste para a cidadanía.
Pola eliminación de barreiras arquitectónicas que imposibilitan o disfrute da cidade ás persoas discapacitadas.
Polo saneamento integral da Ría.
Para impedir a entrada de buques gaseiros dentro da Ría: Planta de Gas Fóra da Ría.


www.aduaneirossemfronteiras.org