XORNADA SOBRE SOBERANIA ALIMENTARIA
envíado por Ferrol | 18 Mayo 2007 | sin comentarios
Isabel Vilalva, delegada da Marcha Mundial das Mulleres no Foro de Soberania Alimentaria celebrado en Mali o pasado mes de febreiro, e pertencente á Secretaria da Muller do Sindicato Labrego Galego, xunto a Lidia Senra, Secretaria Xeral do SLG e da Secretaría da Muller da organización internacional VIA CAMPESINA, estarán o próximo día 1 de Xuño en Ferrol para falarnos sobre soberania alimentaria. A xornada é aberta para todas as persoas interesadas no tema. Celebrarase nos locais da AVV de Ferrol Vello, que ten a súa sede no Porto de Ferrol, na Rua do Curro nº 1, comezando ás 8 da tarde. Agardamos a participación de todas e todos.


www.aduaneirossemfronteiras.org