Jazztelia TV Revista Túlallevas!

O SALARIO DO SILENCIO "¿CONSEGUIREMOS QUE A RACIONALIDADE TRIUNFE?"

envíado por Ferrol | 10 Junio 2007 | 1 comentario

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia aseguran que non descansarán na loita contra Reganosa. Esta semana presentouse este traballo audiovisual sobre o conflito.

"O silencio foi tan grande que non é de estrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá a oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian". Así o explican Mabel Rivera e Enrique Banet, que produciron e realizaron o documental O Salario do Silencio, presentado esta semana en Compostela.

Antes da proxección, no Clube Internacional de Prensa, Mavel Rivera insistiu no feixe de "ilegalidades" arredor da planta de gas e subliñou que este documental pretende axudar a "rachar o silencio que sempre rodeou esta instalación". "Tentamos recoller a opinión dos veciños, as contradicións dos políticos e a resposta cidadá", indicou Banet, quen dirixe o traballo.

"Esta é unha loita como a de Nunca Máis", subliñou Alexandre Carrodeguas, do Comité Cidadán, "a cidadanía agora, como daquela, tivo que saír e mobilizarse na defensa das súas costas e Galiza debe saber que iso mesmo é o que se fai agora en Ferrol".

O traballo proxéctase desde esta semana en diferentes lugares do país e pode ademais adquirise en DVD. O recadado irá para a Confraría de Pescadores de Ferrol. O orixinal foi gravado en galego. Editouse copia en castelán para a difusión no resto do Estado.

VIEIROS


1 comentario - Escribe aquí tu comentario

lo dijo gonzo el 13 Junio 2007 | 07:24 PM

Quedei moi decepcionado coa proxección da película " El Salario del Silencio". Non podo entender como un gran lider veciñal e gran loitador como Jesús Ignacio Caselas non sae na película ¡A el que lle gusta tanto saír nas fotos e ir ós debates radiofónicos!. Ben é certo que o seu lider Juan Fernández (Caselas é membro de Independentes por Ferrol) sae moito tempo





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html