Jazztelia TV Revista Túlallevas!

A FEIRA DA ILUSTRACIÓN SERÁ MEDIEVAL E CELEBRARASE NO BARRIO DE FERROL VELLO

envíado por Ferrol | 23 Junio 2007 | sin comentarios

O departamento de Cultura do Concello de Ferrol traballa contra o reloxo para pechar o programa das festas de verán. Á espera de confirmar a presenza de importantes artistas, a edil Yolanda Díaz anunciou onte cambios na Feira da Ilustración e garantiu o apoio ós grupos locais.

"Quero enviar unha mensaxe tranquilizadora ós cidadáns porque imos ter unhas festas de verán dignas e para toda a cidade", manifestou Díaz. A concelleira informou de que o departamento de Cultura está facendo tódolos esforzos posibles para pechar actuacións nun momento no que a maior parte dos grupos teñen xa completa a súa axenda. Aínda que non quixo desvelar o nome de ningún dos artistas cos que se contactou, asegurou que se están a facer unhas festas "para tódolos públicos". "En poucos días teremos o programa definitivo e difundirémolo aquí e fóra para que veña o maior número de xente a visitarnos", engadiu.

O que si quixo deixar claro Díaz é que se contará coas formacións ferrolás: "Serán protagonistas tódolos artistas nosos, que son valiosísimos". Ademais asegurou que se encherán de contido tódalas prazas e que, a pesar das obras no parque Raíña Sofía e das dificultades para programar na praza de Armas, acondicionarase algún tipo de este espectáculo para estes espazos.

Feira > Un dos cambios confirmados por Yolanda Díaz é o da nova denominación da Feira da Ilustración, que ademais móvese do Cantón -comezou no centro do barrio da Magdalena- a Ferrol Vello. "Vaise chamar Feira Medieval para ser máis coherentes cos contidos que había e será ademais nun barrio que reúne unhas condicións magníficas para ubicar ese acto", dixo Díaz.

Os 140 postos que formarán parte da feira dos días 3, 4 e 5 de agosto ubicaranse nas rúas San Francisco, Carme Curuxeiras, Benito Vicetto e Espírito Santo e tamén na praza Vella.

Música > Outra das medidas anunciadas pola nova concelleira de Cultura, no que chamou un "cambio tranquilo", ten que ver coa Banda Ferrolá de Música. A partir do mes de xullo tocará, cada domingo, de unha a dúas da tarde, no Cantón de Molíns. "A concepción que temos nós da banda de música é que ten que estar ó servizo da súa cidade e ten que facer exactamente isto". Expresou a súa confianza en que esta iniciativa conte con apoio dos cidadáns. "Cando sexa un proxecto consolidado será un éxito".

Co cambio de goberno a área de Cultura afronta tamén novas liñas de traballo, aínda que Yolanda Díaz explicou que, debido á urxencia de organizar as festas de verán, o resto das áreas terán que agardar. Aínda así, adiantou que haberá cambios na forma de xestionar o Jofre -a concesión, por un período de dous anos, remata en novembro-.

Outra das vías de traballo da nova concellería será a de dar a coñecer na propia cidade a artistas propios. "Hai xente que destaca e triunfa fóra pero que non ten un espazo para brillar en Ferrol", dixo Yolanda Díaz.

El Diario De Ferrol


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html