Jazztelia TV Revista Túlallevas!

UNHA RESPOSTA CONTROLANDO OS NERVIOS POR ELISEO ZAERA RÍOS

envíado por Ferrol | 28 Junio 2007 | 2 comentarios

1º) Falsidades ou medias verdades .... ¿cales?

• As del (Félix Alonso): ... ¿abuso da boa fe dos mariscadores?. Qué frase máis bonitiña, fale con eles!

• O Porto Exterior era un proxecto .... complete a frase, non diga medias verdades: era un proxecto que incluía a Planta de Gas no lugar axeitado. Aínda hoxe se chega a tempo de ubicala alí. Non se atreverá a falar de prazos cando a Planta de Mugardos con todos os apoios “oficiais”, económicos e mediáticos INCUMPRIU todos os prazos comprometidos (¿outra falsidade irresponsable?)

• Enerxía limpa ...... Non sexa tan rotundo! ¿Tan limpa como moitas mans que asinaron “autorizacións condicionadas”, informes favorables, recursos diante do Tribunal Supremo, ... etc.. etc.? O GAS NATURAL e non o digo para Vostede, que o sabe de sobra, é un combustible de orixe orgánica coma o carbón ou o petróleo, con menos emisión de CO2 na súa combustión ........ pero limpo? .... case. (Outra media verdade).

• 175 persoas traballando na terminal????, perdoe pero non o creo, a non ser que conte cos axentes de información/propaganda de SANTIAGO, MADRID e ate BRUXELAS.....

• ¿Quén sostén unha cousa aquí e outra en Xixón?. Outra falacia demagóxica. A normativa e a lexislación aplicable son as mesmas. Basicamente: * 2000 metros mínimos a núcleos de poboación e saída a mar aberto do gaseiro polos seus medios en caso de emerxencia. Diga dunha vez si estas dúas condicións son mentiras e si REGANOSA en Mugardos poderá cumprilas algún día!.Participei na construcción do Porto do MUSEL, coñezo ben a zona de XIXÖN e si non cumpre, rexéitoa!

• Gaseiros na Ría de Ferrol dende os anos setenta. Non faga rir. Gaseiros con carga so no ano 2007 no que estamos, non siga facendo demagoxia.

• Non é prexudicial para a ría!. Fale coas autoridades competentes de EE.UU. que veñen prohibindo a utilización da auga de mar para o proceso de regasificación, a última hai 3 semanas en CALIFORNIA “POLO PERIGO DE DESERTIZACIÓN DO MAR”.... Son tontos!.

• Esixencias de DELF MARITIM. Qué fácil e falar así. Esixencias que se impoñen por riba das requiridas por norma oficial .... ja, ja, ja. Concrete e fale do dragado do canal que prantexou a holandesa. Non o poden facer por tratarse dunha zona LIC (lugar de interese comunitario).E dos catro remolcadores con propulsión acimutal ¿qué?

• Que un grupo organizado secuestren o futuro da cidade .... ¡Por Favor!. Eso estendido a Ferrolterra, á Ría de Ferrol, pode aplicarse ao Grupo organizado Promotor da Planta! Se chega a funcionar aí, e espero que non, arruinaría o futuro da comarca!

Nin os líderes de Ferrolterra, nin a cidadanía, que POR LEI tiña que haber sido consultada.... (ou non o sabe?), teñen nada que ver co DISPARATE da ubicación da Planta de Gas. Os responsables teñen nomes e apelidos que se coñecen dende hai tempo, están nos Tribunais de Xustiza e serán estes os que dicten o veredicto e determinen as responsabilidades.

• “Canta sentencia firme se emitiu é favorable” ...Menos mal que di firme. A única, por non recorrida, foi a do Tribunal Superior de Xustiza de MADRID ......¡qué curioso! tiña que habelo feito o ex-alcalde de Ferrol Juan Juncal. As dúas (2) do Tribunal Superior de Xustiza de GALICIA, contrarias para REGANOSA, foron recorridas ao TRIBUNAL SUPREMO. A súa resolución tarda, pero chegará! Vaia pensando o que pode pasar....... O que si vexo que teñen pensado é nas consecuencias dese resultado da Xustiza.... parece que algo sospeitan, pero cunha afirmación, como outras un tanto arriscada e naturalmente pensando nos cartos, faltaría máis, é o único que lles interesa, adornado coa marabilla do progreso e o desenvolvemento, que os políticos, os seus aliados, traducen por “estratéxicos para Galicia”. Volvendo á posible e probable resolución xudicial confirmando a condenatoria do T.S.X.G. recoméndolle que se asesore sobre dúas formas xurídicas aplicables:

- O descoñecemento da LEI non exime do seu cumprimento e

- As actuacións obviando a LEI, a sabendas, penso que se chama prevaricación e é penable.

Sobre o tema da SEGURIDADE, plans de emerxencia, evacuacións, ... etc.. négome a falar, é excesivamente grave, delicado e noxento, ... cos cartos de fondo coma sempre!

E nin se fala, ninguén quere falar, da COBERTURA DE SEGUROS, pólizas, cotas, compañías aseguradoras, alcance, ......

Demasiado atrevemento falar, agora, dun DEBATE rigoroso .... Conteste ao contido deste escrito; por algúns parágrafos, se digo mentira, .... habería que ir ao xulgado.

SAÚDOS!

Eliseo Zaera Ríos


2 comentarios - Escribe aquí tu comentario

lo dijo Fernando el 29 Junio 2007 | 03:38 PM

Magnífico artículo. Lástima de lectores a su altura.

lo dijo Luis el 17 Julio 2007 | 11:32 PM

El debate riguroso ya está en red. La goleada es abrumadora. El tiempo pone cada cosa en su sitio. Tendremos que esperar, pero hoy menos que ayer.





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html