Jazztelia TV Revista Túlallevas!

COMEZAN A CHEGAR A CURUXEIRAS OS PRIMEIROS BARCOS

envíado por Ferrol | 1 Julio 2007 | sin comentarios

A "Jatiña", unha dorna de Portonovo, de 6,10 metros de eslora total e 2,10 metros de manga, chegou onte por estrada ó peirao de Curuxeiras, converténdose na primeira embarcación tradicional en tocar o porto ferrolán das que participarán no Encontro desta semana. Ata o de agora hai confirmadas a presenza de 81 barcos, o que supón unha tripulación, segundo datos dos organizadores, de 380 persoas. Esta cifra incrementarase segundo se achegue o xoves, data oficial da inauguración deste VIII Encontro, ata alcanzar ou incluso superar o centenar de naves.

Para acoller ós visitantes, o Club de Mar de Ferrol (organizador do encontro coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e o Museo do Mar de Galicia) comezou xa a instalar infraestructuras en terra e en auga. O venres colocaron 130 metros de pantaláns para o atraque das embarcacións. Onte afanábanse en construír as carpas nas que se ubicarán os postos de diferentes museos, os obradoiros e os puntos de información. En breve poñeranse mans á obra coa taberna marítima, outro dos lugares centrais dentro da programación destas xornadas de festa.

A "Jatiña" abre o camiño para as demais embarcacións, moitas das cales abríganse xa nas rías cercanas á Coruña, onde aínda hoxe se celebra a II Concentración de Embarcacións Tradicionais.

Ó encontro chegarán barcos de tódolos puntos da Península Ibérica e das Azores. Ademais haberá representación francesa, italiana e británica. Acompañaranos autoridades. É o caso do delegado do goberno das Azores.

El Diario De Ferrol


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html