ASAMBLEA CIDADAN PARA A O VINDEIRO MARTES 10 DE XULLO, NOS LOCAIS DA A.VV DE FERROL VELLO AS 20 HORAS
envíado por Ferrol | 9 Julio 2007 | sin comentarios
O Comite Cidadan na sua xuntanza de este mercores pasado,
acordou convocar a
Asamblea Cidadan
para a o vindeiro martes 10 de xullo,
nos locais da A.VV de FERROL VELLO
As 20, horas
Co seguinte
Orde do dia:
1.- Informe de situacion e valoracions.
2.- Iniciativas e propostas de actuacions.
Nota:
Cos tres buques metaneros recibidos por Reganosa descargaron 360.000 m3 de GNL. A capacidade de almacenamento dos dous tanques e de 300.000 m3. Iso quere decir que 60.000 m3 de GNL, e decir, 36.000.000 de m3 de gas natural foron regasificados antes da descarga do terceiro metanero e introducidos a rede a traveso do gasoducto cuxa capidade e menor.
Ademais do que saleu na prensa, hai informacions aparte que confirman que Reganosa está regasificando gas que pasa a rede xeral, con un acta de probas de 4 de maio e por tres meses, prorrogable, que en realidade parece un acta encuberta de entrada en funcionamiento que non ten autorizada. Se presentaron polos nosos abogados medidas cautelares de paralizacion de dita acta de 4 de maio.
Hai indicios de que Reganosa agarda un cuarto buque metanero cargado de GNL para os vindeiros dias.
Por todo iso estade atentos por si temos que avisaros para a hora e dia de chegada dese cuarto metanero.
A situación como vedes e preocupante, sobre todo pola amenaza real que desade o 9 de maio existe de un accidente grave e porque o Alcalde de Mugardos e na Xunta de Galicia siguen apoiando a barbaridade de Reganosa mentras o novo goberno municipal de Ferrol sigue cos cen dias de cortesía e o vindeiro mercores 11 de xullo vai recibir a o Ministro de Industria Joan Clos.
Carmelo Teixeiro.
(Coordinador do Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol)

www.aduaneirossemfronteiras.org