CHEGA O METANERO PORT HARCOURT, O CUARTO CON DESTINO A REGANOSA
envíado por Ferrol | 9 Julio 2007 | sin comentarios
O metanero Port Harcourt, o cuarto con destino a Reganosa, cunha carga de 55.000 toneladas en peso de GNL, equivalentes en volume a 110.000 m3, cunha eslora de 275 metros e antigüidade de 31 anos e bandeira de Bermudas, vén navegando en ruta polo mar para entrar na angosta ría de Ferrol, coa pleamar diúrna deste luns día 9 de xullo ás 12:15 horas, o cal de producirse repetirá a temeridade dunha operación que agudiza a ameaza á vida da poboación, pois este tipo de barcos cargados de gas natural licuado non ten garantida a saída ao mar en caso de urxencia durante a descarga, tal e como requiren as norma EN-1532 que é aplicables e obrigatoria a Reganosa.


www.aduaneirossemfronteiras.org