DE COPAS NUNHA GOLETA HISTÓRICA
envíado por Ferrol | 2 Agosto 2007 | 4 comentarios
Vai ser case unha obriga darse unha volta por Ferrol Vello e o porto esta fin de semana. Alí estará a Feira Medieval e o Spinaker, dous eventos que van encher de xente e bo ambiente o peirao de Curuxeiras. Para sumarse á festa xa está alí tamén a goleta "Nieves", unha embarcación que vai facer as veces doutro local de hostalería co encanto especial de estar flotando sobre o mar.
O "Nieves" é un veleiro que xa tivo varias vidas e que xa pasou pola ría en moitas ocasións. As últimas, no Encontro de Embarcacións Tradicionais e, meses antes, levando una exposición da Deputación sobre as xentes do mar que recalou no peirao mugardés. Desta volta o barco vén para ofrecer ós ferroláns un espazo de ocio diferente. Desde onte as persoas que pasean polo porto poden pasar á bodega da goleta para tomar algo.
A empresa Aquavisión xestiona o barco, que leva todo o verán visitando os portos galegos. Na súa última escala, en Bueu, máis de 1.300 persoas subiron a bordo para participar nunha festa que tamén se vai celebrar en Ferrol este sábado. Entre as oito da tarde e as 04.30 da mañá a goleta, de 36 metros de eslora e sete de manga, vai estar animada por un dj profesional, luces e música de discoteca. A entrada é totalmente gratuita e o público só ten que abonar a súa consumición. O aforo da goleta é de 250 persoas, moitas máis das que entran nun bar ou unha cafetería normal.
Ata que chegue o sábado moitos ferroláns poderán disfrutar xa da goleta histórica, que dedicará as mañás ós nenos, con obradoiros de nús e proxeccións, e as tardes ós adultos, cunha exposición de pinturas de artistas galegos. Hoxe á noite haberá, a partir das once, un concerto de música brasileira na bodega do barco.
Para os que morren de envexa vendo á "jet-set" pasando o tempo a bordo dos seus "pequenos" barquiños, unha proposta máis enxebre e económica: tómese unha copa nunha goleta que xa surcaba os mares alá polos anos 50.
4 comentarios - Escribe aquí tu comentario
- lo dijo gonzo el 2 Agosto 2007 | 07:16 PM
Seguramente podremos ver a toda la pijeria de Ferrol en el Spynaker y en las terraza ilegales de Ferrol Vello ( seguramente el sr Jesus Ignacio Caselas se dejará caer por allí para ver si le financian, de nuevo, el 3x3 como el año pasado, gracias a la nota de Roi Xordo en apoyo de las citadas terrazas ilegales).
Completamente distinto será el público que visite la Feria Medieval que recupera su emplazamiento original, lo que constituye un gran acierto y un demostración del compromiso del nuevo Gobierno Municipal con este insigne barrio ferrolano.
Habra por tanto en Ferrol Vello eventos para pijos, el Spynaker, y para todos los públicos, la Feria Medieval
- lo dijo Fernando el 4 Agosto 2007 | 02:46 PM
Para que nadie se duerma en sus certezas:
No he ido ni creo que vaya al Spinaker; no me atrae, lo veo demasiado comercial y descafeinado.
Pero me parece igual de lamentable descalificar a alguien por vestir polos Lacoste y usar bermudas Burberry's que por no vestirlos. Si demuestra mucha cerrazón mental y muchos prejuicios pensar de alguien que es peor por tener melena o cresta, vestir de negro y escuchar cierto tipo de música, lo mismo se puede decir de menospreciar a alguien porque es pijo, sin conocerlo.
Dicho esto, id a la Feria Medieval, porque vale la pena, hay muchísimo ambiente y la zona ha quedado genial.
- lo dijo maria el 29 Agosto 2007 | 01:46 PM
Alguen sabe cal é a páxina donde poder ver as fotos que che fan na goleta Nieves?
- lo dijo Lucía el 30 Agosto 2007 | 05:02 PM
Ola María, a páxina na poderas ver as fotos é:
www.mundofotos.net/entre_lusco_e_fusco
Proximamente tamén colgaran máis en:
www.clea1.es
Agardo que tiveras disfrutado moito a bordo desta maravilla historica galega que é o pailebote Nieves.

www.aduaneirossemfronteiras.org