Jazztelia TV Revista Túlallevas!

A AVV DE FERROL VELLO LEMBRA A PROPOSTA PARA UBICAR A SEDE CULTURAL DE CAIXANOVA NA VELLA FÁBRICA DE LÁPIS “HISPANIA”

envíado por Ferrol | 11 Agosto 2007 | sin comentarios

Fachada da nave desde o xardín do baluarte. Fotografía Alberto Saavedra.2006.

A AVV DE FERROL VELLO LEMBRA A PROPOSTA PARA UBICAR A SEDE CULTURAL DE CAIXANOVA NA VELLA FÁBRICA DE LÁPIS “HISPANIA”

Para a AVV de Ferrol Vello a Fábrica de Lápis “Hispania”, situada sobre o porto ferrolán, é a aposta máis interesante e ambiciosa, a única verdadeiramente moderna e con carácter de referencia cultural, de entre as localizacións manexadas por Caixanova para a súa Fundación. Fronte ás outras tanteadas pola entidade –o Rena e o edificio de Sindicatos- a Fábrica aporta un enclave único, dominando o porto comercial (e turístico), de cara ao mar e unido ao casco histórico que pronto será un conxunto unitario entre Ferrol Vello e A Magdalena, e tamén un contenedor con capacidade suficiente para acoller unha actividade cultural diversa e complexa.

A Fábrica está situada ao mesmo nivel que o xardín do Baluarte de San Xoán. Esta cota elevada convírteo na prolongación do mirador do baluarte, cun gran dominio paisaxístico do porto e a ría entre Mugardos e A Graña. Polo mesmo motivo este enclave ten unha gran presencia no perfil da fachada marítima, véndose desde o Paseo da Mariña a curta distancia e desde os peiraos do porto a longa distancia. Este carácter de mirador e a súa presencia na fachada marítima converten este enclave nun punto singular e identificativo da imaxe de Ferrol. A cidade tivo e ten escaso contacto co mar. Esta é a súa fachada portuaria histórica, escea urbana de referencia para todos os ferroláns e para moitos visitantes. Valorando os espazos máis representativos da cidade, a Magdalena semella o primeiro, o máis cargado de referencias históricas e á vez o preferido polas institucións. Sen embargo, o Paseo da Mariña, unido á Magdalena pola rúa San Francisco e pola Alameda hoxe fragmentada, é o segundo e atópase en pleno proceso de rehabilitación.

O porto e o barrio de Ferrol Vello teñen, ademais, un novo papel na entrada da cidade. A autopista ten varias saídas cara ó centro de Ferrol pero o máis sinxelo e cómodo é polo porto, de modo que estes espazos adquiriron unha accesibilidade privilegiada.

As outras alternativas poden ter ao seu favor unha centralidade máis tradicional, inmediata, pero que non compensa a falta de espazo real e a saturación da oferta cutural. Para a Asociación, estas opcións –sobre todo a do edificio de Sindiocatos, posto que o Rena e aínda máis excéntrica dentro da Magdalena- tenta imitar a posición da Fundación da Caixa Galicia sen acadala, posto que a situación no vello Goberno Militar non é repetible; non existe na Magdalena unha oportunidade semellante, e nin o Rena nin o edificio de Sindicatos poden ofrecer nada positivo, salvo pertencer nominalmente ao barrio da Magdalena. A nova fundación atoparíase pronto imitando en programación á Caixa Galicia, xa que a Magdalena impón un ritmo cultural concreto e ben coñecido. Pola contra, a situación na Fábrica de Lápis é unha oportunidade para diversificar tamén a oferta cultural, completando as fórmulas máis ao uso, incorporando o mar e actividades lúdicas e deportivas relacionadas con el, tamén achegándose ao turista que percorre o peirao.

Respecto ao edificio, sen dúbida a Fábrica ten moito que aportar. Ocupa unha parcela de aproximadamente 4.400 m2 de superficie. O lado máis curto está ocupado polo antigo edificio de oficinas da fábrica, un sinxelo edificio de estilo decó atribuído ao arquitecto Lastra. Aínda que moi deteriorada, esta fachada segue a ter un importante significado cultural e social. A súa conservación garante a permanencia física –non só na memoria- dunha importante peza arquitectónica no barrio e na cidade e dun resto do pasado industrial recente.

Cidades europeas como Berlín, Manchester e Viena sempre mostraron particular sensibilidade polo seu patrimonio industrial, sumándoo ao valorado patrimonio histórico. En Barcelona atópanse algúns dos mellores exemplos de recuperación de arquitectura industrial. As antiguas fábricas transfórmanse en equipamentos modernos de oficinas, centros comerciais e espazos culturais. As compañías e institucións buscan na arquitectura un valor engadido recupendo edificios que, polas súas características, poden ter un carácter distintivo e emblemático. A arquitectura industrial irá sempre acompañada da innovación técnica e, como no caso da Fábrica de Lápis, trátase de espazos polivalentes polas súas dimensións e tipoloxía (xeralmente naves) o que permite novas distribucións e unha boa adaptacións a salas de exposicións, salas de conferencias, museos etc. A versatilidade da arquitectura da Fábrica de Lápis e o gran tamaño da parcela non ten competencia no centro de Ferrol.

Non existen atrancos urbanísticos para desenvolver a Fundación Caixanova na Fábrica de Lápis, posto que uso dotacional é un dos contemplados para a parcela. A súa compra e un proxecto atractivo para a cidadanía son os pasos intermedios necesarios.

Logo dos lápis “Hispania”. Fachada do. Fotografía 2006.Miguel Reimúndez


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html