Jazztelia TV Revista Túlallevas!

BIBLIOTECA VECIÑAL:CONVENIO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS - UNIVERSIDADE

envíado por Ferrol | 11 Agosto 2007 | sin comentarios

A Asociación de Veciños de Ferrol Vello vén de firmar un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para catalogar e dinamizar a biblioteca veciñal. Para este proxecto, o Campus Universitario de Ferrol permite que unha alumna faga as prácticas de Biblioteconomía na nosa asociación durante o mes de agosto.

O noso local conta cunha biblioteca de certa entidade, dotada duns tres mil volumes, froito de sucesivas donacións e aportacións de particules e institucións, e do traballo de anteriores directivas. Pero despois dun período no que o uso que se lle deu foi mínimo, cremos preciso reactivala, abrila ao público e, en fin, darlle utilidade.

Con esa intención reunímonos, no pasado mes de xuño, co Vicerrector do Campus de Ferrol, Luis Barral, que nos ofreceu toda a súa colaboración para este e outros proxectos culturais pensados para o barrio. Resultado desas conversas é este convenio, polo que unha diplomada en Biblioteconomía, actualmente cursando a licenciatura en Documentación, traballará todo o mes de agosto na catalogación dos nosos fondos e dará aos vogais de Cultura da AVV as directrices para xestionar dun xeito moderno e eficaz a biblioteca.

Para levar a cabo este labor contamos tamén coa colaboración de Carmen Porta, directora da Biblioteca Municipal, coa que xa mantivemos conversas, e que nos ofreceu o seu asesoramento e puxo á nosa disposición os medios materiais e persoais necesarios para acadar a integración da nosa biblioteca no amplo proxecto de actualizar e homoxeneizar todas as da cidade.

Esperamos, grazas a este esforzo conxunto, que as nosas instalacións veciñais sexan tamén, este inverno, un lugar de encontro coa literatura en Ferrol Vello.

A 8 de agosto de 2007

O presidente da AVV Ferrol Vello


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html