XVI ASEMBLEA CIDADÁ XOVES 13 DE SETEMBRO DE 2007
envíado por Ferrol | 11 Septiembre 2007 | 2 comentarios
A tódalas entidades cidadás e persoas, integradas na Asemblea Cidadá de Ferrolterra
XVI ASEMBLEA CIDADÁ
XOVES
13 DE SETEMBRO DE 2007,
as 19,30 horas
Salon de Actos
AVV de Ferrolvello
Na pasada primavera quedaron rotos os muros de silencio, desde entón ningún medio de comunicación censúranos e os mais cualificados profesionais da información profundizan e difunden o fondo do fráxil e fraudulento do “caso Reganosa” e a ameaza que supón para a vida humana ou a riqueza natural da Ría de Ferrol, así mesmo dos condicionados da súa autorización de construción imposibles de resolver nas distancias á poboación e na saída ao mar dos gaseros en caso de urxencia, polos cal non débelle ser aprobado o acta de explotación ou de funcionamento definitivo, quedando como monicreques ou mentireiros quen publicamente dixeron que tiña todos os permisos. Reganosa ten que recorrer a un acta de probas parcial prorrogada o 8 de agosto, para inxectar gas natural nos gasodutos, sen finalizar das obras e cando os seus socios demostran publicamente non ter seguridade do seu funcionamento ou subministración. É moi importante a intensidade das actuacións destes meses que culminarán nunha gran manifestación o próximo 30 de setiembre. É hora para que os organismos competentes entren en razón e decidan pór fin á ameaza de Reganosa. Nunca será tarde se esa decisión administrativa, xudicial ou política prodúcese antes de que ocorra unha catástrofe con miles de víctimas.
ORDE DO DÍA
1º.- Informe de situación.
2º.- Manifestación para o 30 de setembro de 2007.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
2 comentarios - Escribe aquí tu comentario
- lo dijo Angela el 19 Septiembre 2007 | 01:46 PM
Me gustaria saber si greenpeace, o cualquier otro grupo ecologista estan posicionandose sobre este tema, no solo a nivel local, pues es necesario que esto se sepa tambien fuera de Ferrol. Si nos ganan en Ferrol, esto (o algo parecido) puede suceder en mas sitios.
- lo dijo Fernando el 22 Septiembre 2007 | 03:51 PM
¡¿Pero qué, chaval?! Ni que tuvieses mucho trabajo...

www.aduaneirossemfronteiras.org