Jazztelia TV Revista Túlallevas!

A XUNTA DE GOBERNO APROBA DÚAS NOVAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN EN A GRAÑA E FERROL VELLO

envíado por Ferrol | 24 Octubre 2007 | sin comentarios

23/10/2007

O programa inclúe a reurbanización de dous espazos nestes barrios

A Xunta de Goberno do Concello de Ferrol aprobou onte a posta en marcha da segunda e sexta fase, respectivamente, das áreas de rehabilitación urbana de A Graña e A Magdalena-Ferrol Vello, que supoñen un total de 35 actuacións no marco do Plan de Vivenda.

A maior parte das actuacións (20) concrétase en axudas para a rehabilitación de vivendas no casco da A Magdalena-Ferrol Vello, e de 15 para A Graña.

Como principal novidade das novas fases destacan procesos de reurbanización no chamado Campillo de San Antón, na manzá situada entre a rúa San Antón e Carme Curuxeiras, en Ferrol Vello, para a recuperación dun espazo público. Neste caso investiranse un total de 120.000 euros, dos que a Concellería Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación, que preside o edil de Esquerda Unida Miguel Reimúndez, aportará a metade.

Idéntica proporción correspóndelle o caso da reurbanización da rúa Real Baixa na Vila da Graña, que suporá un investimento final de 67.500 euros.

O edil de Obras subliñou ó término da Xunta de Goberno que ó longo de 2008 poránse en marcha obras de rehabilitación nun total de 125 novas vivendas que teñen solicitado axudas no marco do Plan de Vivenda 2005-2008. Delas, 90 corresponden á área de Ferrol Vello-A Magdalena e o resto á Graña.

http://www.ferrol-concello.es/ampliar.aspx?id=356


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html