FERROL VELLO INVITA A BRIGADAS DE VOLUNTARIOS PARA PINTAR AS FACHADAS DESHABITADAS DO BARRIO
envíado por Ferrol | 23 Diciembre 2007 | sin comentarios
Segundo a entidade, Ferrol Vello é un barrio «cunha situación privilexiada pero de poboación envellecida, con moitas ruínas e con pouca intervención institucional nos últimos anos». Iso tradúcese nunha sensación de deixamento e abandono que agora pretenden cambiar desde a asociación de veciños.
Con isto, a agrupación pretende xuntar un mínimo de tres grupos de catro persoas cada un que percorrerán o barrio armados con brochas e cubos de pintura para dar cor ás apagadas paredes. Iso si, aseguran que se respectarán as fachadas de pedra e demais elementos protexidos.
Tamén instan a todas aquelas empresas e particulares que desexen colaborar con esta iniciativa á hora de ceder material á asociación para desenvolver este labor.
IES FERROL VELLO (INFORMACIÓN EXTERIOR)

www.aduaneirossemfronteiras.org