ADEUS A CARMELO TEIXEIRO
envíado por Ferrol | 8 Febrero 2008 | 1 comentario
A Asociación de Veciños “Ferrol Vello”, ante a noticia do falecemento de Carmelo Teixeiro, quere facerlles chegar á súa dona, fillos e demais seres queridos as súas mais sinceras condolencias. Nestes momentos de pesar e tristura, gustaríanos que souberan que non están solos e que contan co noso cariño.
A Carmelo xa non lle podemos dicir mais nada. Fóisenos. O Carmelo mais público, o que coñecíamos nós, infatigable loitador, constante, sempre animoso, deixa a batalla. Pero quedamos nós, quedamos os demais. Non o podemos traer de volta, pero si podemos, e debemos, aproveitar o seu impulso e seguir o seu exemplo. El non se rendeu nin ao final, cando o corpo non lle respondía. Non nos rendamos nós.
Carmelo morreu nun martes de Carnaval no que o vento lle impediu a entrada a un novo gaseiro. Simbólica coincidencia, a da natureza defendéndose no día da ironía, da sátira, da crítica, do absurdo. Como absurdo e sen sentido é todo o que rodea á planta de gas da ría.
Cremos que as cousas poden facerse mellor, e que aínda estamos a tempo de corrixilas. Vaian os nosos esforzos en homenaxe a Carmelo, e sirvan de agradecemento por toda a súa labor.
Sabemos que Carmelo sempre quixo a Ferrol Vello e á nosa asociación. Que saiban todos tamén que intentaremos estar á súa altura, e que seguiremos loitando en defensa da seguridade, da ría e da legalidade.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
1 comentario - Escribe aquí tu comentario
- lo dijo Karina Teixeira el 6 Abril 2008 | 03:57 AM
Karina Teixeira pedir com add

www.aduaneirossemfronteiras.org