XORNADAS VIVENDA E CIDADE. FERROL-VIVENDA
envíado por Ferrol | 20 Marzo 2008 | sin comentarios
Estimados/as veciños/as,
Dende a Concellería delegada de Rehabilitación e Vivenda, que coordina Miguel Reimúndez, e a través do Departamento de Participación Cidadá, contactamos con vós xa que nos gustaría contar coa vosa presenza nas Primeiras Xornadas "VIVENDA E CIDADE", que se celebrarán entre os días 27 a 29 de Marzo, no Salón de Actos do Vicerreitorado, no Campus Universitario de Esteiro-Ferrol. Achegamos o programa de actividades, coas intervencións que se realizarán
Para aclarar os contidos destas Xornadas e animarvos a participar, Miguel reimúndez, Concelleiro de Área, impartirá unha charla previa o día 25 de Marzo ás 17.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, co ánimo de aclarar dúbidas e de difundir os obxectivos deste encontro, no que se van a achegar experiencias doutros Concellos sobre planificación da cidade e rehabilitación dunha forma participativa cos cidadáns e cidadás.



www.aduaneirossemfronteiras.org