Jazztelia TV Revista Túlallevas!

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA ÀS DESCARGAS DE MATERIAIS CONTAMINANTES NOS PORTOS DE FERROL

envíado por Ferrol | 28 Marzo 2008 | sin comentarios

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA ÀS DESCARGAS DE MATERIAIS CONTAMINANTES NOS PORTOS DE FERROL

O Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate en Pleno á seguinte MOCIÓN

Exposición de Motivos:

A actividade comercial no porto de Ferrol non sempre é todo o respectuosa que debería para co conxunto de veciños e veciñas das zonas próximas. Os traballos de carga e descarga dos buques ocasionan molestias que nalgúns casos, mesmo, pode afectar a saúde das persoas ao tratarse da manipulación de materiais considerados contaminantes.

Ás vellas reivindicacións dos veciños de Ferrol Vello, Canido, ou A Cabana, polas descargas no Fernández Ladreda, uníronselles tamén as protestas dos colectivos veciñais de Cariño , Doniños, ou Valón coincidindo coas descargas de clincker no Porto Exterior que se fixeron sen tomar as medidas preventivas oportunas e que coa futura entrada en funcionamento do mesmo este tráfico de mercadorías ira en aumento pola zona.

A descarga de materiais como o clincker, a magnesita ou a chatarra sen tomar as medidas de seguridade que establece a lexislación oportuna supoñen unha agresión contra a saúde pública que non fan máis que poñer en serio perigo a saúde dos veciños.

Os diferentes colectivos veciñais implicados teñen posto en coñecemento das autoridades competentes esta situación en reiteradas ocasións sen obter resultados satisfactorios.

Recentemente e agravando esta situación a Autoridade Portuaria en vez de facer cumprir as normativas vixentes en materia de carga e descarga, permite a descarga de carbón no porto interior Fernández Ladreda en lugar de facelo na terminal de carbón sen tomar ningún tipo de medidas medioambientais.

A Autoridade Portuaria consinte este tipo de malas prácticas e non esixe aos diferentes consignatarios a instalación de sistemas que eviten riscos para a saúde dos veciños e veciñas.

Por este motivo o grupo municipal do BNG propón ao Pleno a adopción do seguinte

ACORDOS:

1.- O Pleno do Concello de Ferrol insta a Autoridade Portuaria a tomar as medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente en materia de carga e descarga nos Portos de Ferrol e tomar as medidas oportunas para evitar as molestias que esta actividade causa entre a veciñanza das zonas limítrofes aos portos.

2.- O Concello de Ferrol dará traslado deste acordo á vindeira reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria por medio do representante municipal neste organismo.

Ferrol a 14 de marzo de 2008

asdo.- Xoán Xosé Pita Díaz asdo.- Elia Rico Lagarón

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html