Jazztelia TV Revista Túlallevas!

PARABÉNS AO CONCELLEIRO DE URBANISMO ÁNGEL MATO ESCALONA. AS CIDADES FERMOSAS ESTÁN CHEAS DE DECISIÓNS VALENTES

envíado por Ferrol | 14 Abril 2008 | 3 comentarios

AS CIDADES FERMOSAS ESTÁN CHEAS DE DECISIÓNS VALENTES

Mato explica que o edificio do Hotel Plaza non se axusta á licenza de obras concedida no seu día

O concelleiro de Urbanismo explica que a obra carece asimismo de licenza de primeira ocupación e licenza de apertura

O concelleiro de Planificación e coordinador da área de Urbanismo, Ángel Mato Escalona, informou de que, emprazado no barrio histórico de A Magdalena e despois de que se iniciaran as obras de construcción en 1999, o inmoble no que se pretende abrir o Hotel Plaza carece a día de hoxe de licenza de obra axeitada para o realmente construído, de licenza de primeira ocupación e de licenza de apertura. O edificio foi construído, entre outras irregularidades, cunha pranta máis das permitidas na licenza concedida e, tamén, cun baixo cuberta inexistente na dita licenza. Carece tamén de certificación final de obra e, dende hai dez anos, foi obxecto de catro denegacións por parte de Patrimonio, dunha firmada polo Concello de Ferrol e de tres expedientes por incumplir a legalidade abertos pola Administración local. Así mesmo, durante o mandato anterior de BNG-PSOE, se fixo efectiva a orde de precintado.

Nesta liña, o edil de Urbanismo subliñou o venres pola mañá que o goberno municipal actual ten o firme mandato dos cidadáns de garantir a legalidade e que esta se produce por e para todos e todas, con independencia da súa condición. Máxime nunha cidade que pretende ser Patrimonio da Humanidade e nun barrio histórico, o de A Magdalena, que debe ser referente para a urbe naval.

Deste xeito, Ángel Mato apuntou que o promotor de dito edificio, dende 1999, incumpriu sistematicamente a normativa urbanística. Entre outros aspectos, con incrementos de volumes ou excesos de alturas máximas permitidas. E, plano en man, visualizou estes incumprimentos pranta a pranta. Apuntou que o Concello, lonxe de ter un interese espúreo só pretende exercer as súas competencias: velar polo cumprimento da norma. Así as cousas, indicou que o propio promotor recoñeceu a situación ilegal do inmoble cando, en decembro de 2007, presenta un expediente de legalización das obras, ao ter incumprido o estipulado na licenza de obras que no seu día se lle outorgou. Deste xeito, Ángel Mato desmentiu, como afirmou o promotor, que a legalización veña dada neste caso por silencio administrativo positivo, xa que este nunca se pode dar cando existe acto previo ilegal.

O edil de Urbanismo tamén avanzou que, tras os informes técnicos dos que dispón e que trasladou á Secretaría Xeral do Concello, o seu departamento está á espera de recibir os informes xurídicos pertinentes para proceder á denegación da legalización solicitada e ordear, en caso necesario, o precintado do inmoble. O paso seguinte sería executar medidas correctoras que permitan a legalización, resolvendo os incumplimentos existentes. En definitiva, trataríase de buscar unha solución ao abeiro do marco legal existente, como non podería ser doutro xeito.

Por último, Ángel Mato deu conta do interese por parte deste goberno local de promover a actividade económica e a rehabilitación no barrio histórico de A Magdalena. Iso si, no marco da legalidade. Precisamente e concluíndo, avanzou que o próximo luns, na primeira reunión da Comisión de Seguemento do PEPRI de A Magdalena, trataráse este asunto, entre outros máis.


3 comentarios - Escribe aquí tu comentario

lo dijo Fernando el 16 Abril 2008 | 10:17 PM

Espero que hagan cumplir la ley y que las medidas correctivas sirvan, de una vez, de ejemplo para los promotores que siguen políticas de hechos consumados.

En este caso concreto, además, estaría pagando por tantas cosas que no ha pagado.

Un saludo.

lo dijo D el 26 Mayo 2008 | 05:08 PM
lo dijo Pili el 26 Mayo 2008 | 05:27 PM

Tanto mato como el gerente, y los técnicos, Vila y compañía sabían lo que pasaba

El café de la calle GALIANO abrió hace un año sin

licencia obra del hotel se realizo cuando ya estaba precintada a la vista de todos,

En la calle Magdalena se esta rehabilitando un edificio protegido con ventanas de aluminio no permitidas la calle San Diego se rehabilita un edificio que no tiene ni permiso todos lo saben y solo hablan para quedar bien se atreven con los pequeños





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html