Jazztelia TV Revista Túlallevas!

9 DE MAIO, MARCHA POR FERROL, PARA SINALAR OS RESPONSABLES ECONÓMICOS QUE ESTÁN DESTRÁS DE REGANOSA

envíado por Ferrol | 9 Mayo 2008 | sin comentarios

VENRES 9 DE MAIO, ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA( do que forma parte a Federación Veciñal de Ferrol " Roi Xordo") PARA A RÍA DE FERROL, COMEZANDO ÁS 6 DA TARDE, DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA, PARA SINALAR OS RESPONSÁBEIS ECONÓMICOS QUE ESTÁN DETRÁS DO DESPROPÓSITO GASÍSTICO DA ILEGAL E PERIGOSA REGANOSA

Quen é REGANOSA ?

REGANOSA, son grandes multinacionais da enerxía [ENDESA, UNION-FENOSA, SONATRACH] , entidades financieiras [CAIXA GALICIA, CAIXANOVA, BANCO PASTOR] e a propia Xunta de Galicia, xunto a un grupo empresarial [Grupo Tojeiro - GADISA], o promotor que utilizou mil argucias, para conseguir permisos, autorizacións, millonarios subsidios e que lle legalizaran o ilegalizábel. Realizou recheos ilegais da Ría, estamos falando de miles de metros cuadrados, para construir unha planta regasificadora, nunha Ría totalmente poboada e cunha bocana de entrada estreita e un longo canal. Unha planta regasificadora ao lado dun perigoso complexo petroquímico e unha planta térmica de coxeneración eléctrica que queima fueloil. Regasificadora que ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos, polas normativas estatais, europeias e internacionais. Ademáis incumple a principal normativa que é a do SENTIDO COMÚN, o respecto á vida das persoas, da seguridade das poboacións, o respecto á nosa Ría e ao marisqueo do que viven centos de persoas.

Socios e Capital Social de REGANOSA

"O capital social de Reganosa ascende a 34,4 millóns de euros, cantidade á que chegou despois de tres operacións de ampliación, as cales acordáronse en marzo de 2001, cando se pasou de 3.005.600 euros a 9.015.182, en xuño de 2002, momento no que desta última cantidade subiu ata os 18 millóns, e en xuño de 2003, ata os 34,4 millóns. As tres modificacións indicadas non reportaron cambios no reparto accionarial que, expresado en porcentaxes, é o representado" no cadro de acima publicado pola propia empresa.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

VENRES 9 DE MAIO DE 2008

Roteiro reivindicativo pola cidade de Ferrol, sinalando entidades financieiras e empresas que participan en REGANOSA (Grupo Tojeiro, Caixa Galicia, Caixa Nova, Banco Pastor, ENDESA, FENOSA), con saída ás 18hs do Edificio da Xunta.

[Percorrido da marcha pola cidade de Ferrol]

COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocado para o día 9 de maio unha concentración diante da sede da Xunta de Galicia para denunciar a instalación ilegal da Planta de Gas de Reganosa, de onde sairá para recorrer as sedes dos socios financeiros de Reganosa sinalando aos responsables desta ameaza.

Esta concentración coincide co primeiro aniversario da primeira entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado dentro da ría e ademais coincide coa entrada mañá mesmo dun novo gaseiro.

A concentración foi comunicada ao Subdelegado do Goberno como no caso das 19 anteriores, polo que resulta inaudito o comunicado do Subdelegado de Goberno de prohibir a manifestación alegando "comunicación extemporánea".

O Comité Cidadán vai a recorrer diante do Tribunal Superior de Xustiza esta actitude inaceptable e represiva do Sr. Pose Mesura.

A loita contra da planta de gas ilegal, tamén é unha loita pola democracia e polo dereito a vida.

Este Comité Cidadán mantén a súa convocatoria, en exercicio do seu dereito constitucional e chama a todos os veciños e veciñas da comarca a concentrarse o venres día 9 ás 6 da tarde na Praza de España diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

--

Comité Cidadán de Emerxencia

para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com

http://comitecidadan.org

...........

Para axudas económicas:

C.c. en BBVA, titular: Maria de los Angeles Cuadrado Caruncho e outros

Desde España:

0182-0232-77-0201521046

Desde o Extranxeiro:

Codigo BIC: BBVAESMMXXX

IBAN ES80 0182 0232 7702 0152 1046


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html