Jazztelia TV Revista Túlallevas!

NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

envíado por Ferrol | 3 Junio 2008 | sin comentarios

NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

A Asociación de veciños de “FERROL VELLO” Quérevos convocar a unha concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores ás 18:30, co obxecto de facer pública a nosa indignación e repulsa polas continuas agresións medioambientales que de forma reiterada poñen en perigo a nosa propia saúde.

Cremos que o máis inmediato responsable é a propia administración pública, neste caso a Autoridade Portuaria, que coa súa actitude benevolente consente e permite que se infrinxan dereitos e deberes de carácter medioambiental, poñendo en serio perigo algo tan preciado como é a saúde.

Esta asociación vecinal quere reclamar con este acto, a atención tanto dos organismos oficiais directamente responsables de que nos atopemos nesta situación (Concello, Xunta e ou propio goberno Español) como a de solicitar a participación de “TODOS” os veciños e de “TODAS AQUELAS FAMILIAS” que ben directa ou indirectamente sofren a diario un alto grado de contaminación tanto en forma de partículas no aire como á hora de entrar en contacto co mar.

Por todo iso esta asociación responsabiliza á carga, descarga e almacenamiento de produtos perxudiciais para a nosa saúde sen que se tomen as medidas medioambientales oportunas, dando un mal exemplo de irresponsabilidad, temeridad e falta de respecto a unha Ría, a un pobo e o que é peor a futuras xeracións que algún día pedirán explicacións sen obter resposta.

EVITÉMOSLO

Por este motivo solicitamos a “TODOS” os veciños e veciñas que realmente estean sensibilizados con este grave problema tanto a título individual como aos distintos membros de agrupacións, colectivos e asociacións que sentan como seu un problema que é de “TODOS”, a participar na concentración que se celebrará o vindeiro mércores día 4 ás 18:30 da tarde fronte á Autoridade Portuaria no peirao de Ferrol, facendo coincidir o acto con a descárga de miles de toneladas de “CLÍNKER” sen que ninguén faga cumprir as obrigadas medidas medioambientales, poñendo en perigo inútilmente e unha vez máis a saúde de familias enteiras ao “NON FACER CUMPRIR AS NORMATIVAS VIXENTES”

ACÚDE

O vindeiro mércores Ás 18:30 DIANTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

NON CAMBIES A SAÚDE POR RIQUEZA, NIN A LIBERDADE POR PODER,

AS DECISIÓNS VALENTES PERMANECEN NO TEMPO

________________________

A. VV. FERROL VELLO

Xunta Directiva

C/ Curro, 1. 15401 - FERROL

Tlf./fax: 981.356842

avvferrolvello@yahoo.es


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html