Jazztelia TV Revista Túlallevas!

RESUMO DA RODA DE PRENSA DO 5 DE XUÑO NO CONCELLO DE FERROL

envíado por Ferrol | 6 Junio 2008 | sin comentarios

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ofreceu hoxe unha roda de Prensa aos medios de Comunicación desde o Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde se atopan pechados ao redor de quince persoas, na súa maioría membros deste Comité.

Precisamente hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este Comité, na súa comparecencia ante os medios, quere poñer de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostenible e de actuar con criterios medioambientais e de seguridade nos diferentes temas comarcales.

Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da nosa Ría e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de miles de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto “Confidencial” contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, como en tantas ocasións temos dito, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido en España nesta etapa democrática.

Este CCE ratifícase na súa posición mantida desde fai 8 anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:

Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que supoñerá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada e Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da nosa ría, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.

Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.

Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Á preocupación por todas estas ameazas para as vidas e para ría, hai que engadir outra, que é a posibilidade suxerida de instalar na súa contorna a Celulosa de ENCE, rexeitada en Pontevedra tras moitos anos de loita, e que acabaría coa riqueza económica e ambiental da nosa comarca.

Así mesmo, este CCE rexeita o chamado Plan de Emerxencia Exterior, presentado estes días en A Coruña, como elemento de confusión creado dentro dunha campaña de contraprogramación e que trata de desmovilizar á poboación fronte á convocatoria de Manifestación do próximo domingo día 8 de Xuño.

O mellor Plan de Urxencia, é que se cumpra o establecido na lei: Distancia de 2 Km. aos núcleos de poboación e todas as precaucións legais estableciadas para a entrada destes buques, circunstancias, nesta ubicación, imposibles de cumprir e que sempre supoñerán un risco grave para a poboación circundante.

Esta permanente situación de risco supón que, tanto a cidadanía como os seus gobernantes, estamos obrigados - e sempre a tempo - de impedir unha catástrofe - independientemente do seu custo económico - que de producirse podería ocasionar miles de vítimas e que en todo caso vai supoñer a perda irreparable do noso ecosistema e dos postos de traballo que del dependen.

Numerosos exemplos fannos ver que unha solución favorable é posible: A Planta de Gas de Brindisi , cuxa autorización foi revocada. A Celulosa de Pontevedra, onde se conseguíu, tras 20 anos de oposición, un compromiso de traslado. Outras plantas, en diversos lugares, que foron trasladadas a varias millas mar dentro.

Este CCE fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol, a súa Comarca e Galicia, para asistir á Manifestación convocada no Porto de Ferrol, o próximo domingo 8 de Xuño, ás 12 horas, en apoio do anteriormente exposto.

Agradece a cantas persoas e Entidades están mostrando o seu apoio á Convocatoria de Manifestación e a solidariedade cos pechados no Concello, ben pola súa presenza alí, ou a través das súas mensaxes e outros medios.

Para rematar, mostrar a disposición a continuar este encerro, na demanda dun posicionamento contrario a ubicación da Planta de Gas, deste Goberno Municipal e

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA.


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html