Jazztelia TV Revista Túlallevas!

A AULA DE RENOVACIÓN URBANA PRESENTA HOXE EN COMPOSTELA OS PROXECTOS ELABORADOS PARA OS BARRIOS DE FERROL VELLO E RECIMIL

envíado por Ferrol | 30 Junio 2008 | sin comentarios

Miguel Reimúndez asegurou que para a cidade é un auténtico luxo contar coa Aula de Renovación Urbana, un dos mellores foros de traballo en materia de renovación

Os proxectos elaborados ao abrigo da Aula de Renovación Urbana para os barrios de Recimil e Ferrol Vello serán presentados hoxe en Compostela, no marco do Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O acto contará coa presenza do concelleiro de Vivenda e Obras, Miguel Reimúndez.

A Aula de Renovación Urbana está considerada como un dos principais foros españoles en cuestións de formación dos cidadás e da cidade modernaos, partindo do coñecemento da tradición e das técnicas modernas de construcción e xestión, tanto para os núcleos históricos, nos problemas da súa conservación e habitabilidade como, ao mesmo tempo, para a capacidade de acción coherente cos actuais modos de vida e o desenvolvemento urbano responsable. Para afondar e executar estes obxectivos, a Aula de Renovación Urbana interésase no coñecemento dos centros históricos e as técnicas e sistemas axeitados para intervir neles, así como na apertura de debates sobre os procesos de renovación.

Con estas referencias, os participantes na última edición da Aula visitaron os pasados meses Ferrol para desenvolver proxectos de recuperación e adecuación de vivendas na praza de Sevilla e en Ferrol Vello. Agora, trátase de expoñer as conclusións.

Segundo Miguel Reimúndez, o feito de que a Aula de Renovación Urbana teña elixido a Ferrol para abordar algúns dos seus proxectos aporta un evidente valor engadido, xa que “permite avanzar en filosofías de traballo coa ventaxa de que os seus criterios son de gran aplicación sobre o terreno”. As posibilidades de que os proxectos se leven así a cabo son elevadas, en opinión do concelleiro.

“Para a cidade é un auténtico luxo contar coa Aula de Renovación Urbana, un dos mellores foros de traballo en materia de renovación e ao máximo nivel tanto en España como no estranxeiro”, engade, “á hora de plantexar reflexións sobre a recuperación urbana dende o punto de vista de que a cidade faise mediante a rehabiltiación e abordando os problemas complexos con proxectos complexos”.

A cidade pode pois beneficiarse destes proxectos, que hoxe serán presentados aos doutras cidades como Santiago, por citar un exemplo.

WEB DO CONCELLO


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html