A OMIC
envíado por Ferrol | 14 Julio 2008 | sin comentarios
O Concello de Ferrol á través da OMIC, Oficina Municipal de Información ao Consumidor, da un servizo aos consumidores para asesorar e informar aos consumidores, e tamén recepciona as reclamacións dos cidadáns en temas de consumo.
A través da OMIC o Concello de Ferrol dá un servizo de atención gratuíta e directa para que os cidadáns poidan resolver as discrepancias que se poidan xerar por mor de desconformidades derivadas do consumo.
A oficina está na rúa da Igrexa s/n, Mercado da Magdalena, 15.402
Telf. 981 944 150
Horario: de 9.00h a 13.30h
Os servizos que se ofrecen a través da OMIC son:
Atención personalizada
Análise de conflitos derivados do consumo
Campañas de Información
Elaboración de material informativo
Asesoramento en temas normativos e lexislativos
Finalidade da OMIC
Informar aos consumidores en materia de consumo
Que asuntos se tratan?
Os relacionados co ámbito do consumo
Bens: vivenda, automóbiles, roupa, electrodomésticos...
Subministracións: gas, electricidade, auga, telefonia...
Servizos: transporte, axencias de viaxe, bares, restaurantes...
No ámbito dos Seguros e a Banca a información que se proporciona dende a OMIC é xeral, pois teñen sistemas propios e alleos de atención e defensa ao cidadán nas propias entidades
Quen pode utilizar este servizo?
Tódolos consumidores, persoas físicas ou xurídicas, que compren ou utilicen como destinatarios finais bens, produtos ou servizos.
Non teñen a consideración de consumidores finais quen teñan coma fin a prestación a terceiros dos mesmos, transformación ou comercialización.

www.aduaneirossemfronteiras.org