O CONSUMIDOR
envíado por Ferrol | 14 Julio 2008 | sin comentarios
Son consumidores ou usuarios, as persoas físicas ou xurídicas que adquiren, utilizan ou gozan como destinatarios finais, bens mobles ou inmobles, produtos, servizos, actividades ou funcións, calquera que sexa a natureza pública ou privada, individual ou colectiva de quén os produce, facilita, suministra ou expide.
Fonte: Real Decreto Lexislativo 1/2007 de 16 novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias
DEREITOS DO CONSUMIDOR
A proteción dos consumidores e usuarios, garántese coa promulgación da Constitución de 1978, así convértese nun principio básico que obriga ao Estado a asegurar aos cidadáns os seus dereitos e liberdades neste ámbito. No seu artigo 51 ordénase aos poderes públicos que:
Garantan a defensa dos consumidores e usuarios.
Protexan a súa seguridade, saúde e xuros económicos.
Promovan a información e a educación de consumidores e usuarios.
Fomento e atención das organizacións de consumidores e usuarios.
A Lei 26/84, do 19 de xullo, Xeral para a defensa de consumidores e usuarios (B.O.E. Núm. 176, de 24 de xullo), en adiante Lei 26/84.
Esta Lei, e as promulgadas ao efecto polas Comunidades Autónomas, constitúen as bases sobre as que se asenta a proteción e defensa dos consumidores e usuarios, que non exclúe nin suplanta outras actuacións e desenvolvementos normativos derivados de ámbitos competenciais próximos ou conexos, tales como a lexislación mercantil, penal ou procesual e as normas sobre seguridade industrial, hixiene e saúde pública, ordenación da produción e comercio interior.
DEREITOS BÁSICOS DOS CONSUMIDORES
Dereito á proteción da súa saúde e seguridade.
Dereito á proteción dos seus xuros económicos e sociais.
Dereito a unha información correcta.
Dereito á educación e formación.
Dereito á representación, consulta e participación.
Dereito á proteción xurídica, administrativa e técnica en situacións de inferioridade, subordinación ou indefensión.
Dereito á indemnización ou reparación de danos e perdas sufridos.

www.aduaneirossemfronteiras.org