Jazztelia TV Revista Túlallevas!

RECLAMAR

envíado por Ferrol | 14 Julio 2008 | sin comentarios

Quen pode reclamar?

Sólo pode reclamar a persoa física ou xurídica que "actúa nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional"

A nacionalidade é indiferente, basta con que adquira bens ou servizos no noso país.

Contra quén se pode reclamar?

Necesariamente o reclamado ten que ser un empresario, entendendo por tal "a persoa física ou xurídica que actúa no marco da súa actividade empresarial ou profesional, xa sexa pública ou privada"

Visto quen pode reclamar e ser reclamado queda claro que están excluidas do sistema de proteción dos consumidores as reclamacións que se refiran:

Ás cuestións que xurdan entre empresarios: dereito mercantil, competencia dos tribunais ordinarios

Ás que xurdan entre consumidores: dereito civil, competencia dos tribunais ordinarios

En xeral calquer reclamación que pretenda facer unha persoa no ámbito da súa actividade empresarial ou profesional

Que é unha denuncia?

O acto mediante o cal un consumidor ou usuario pon en coñecemento da Administración de Consumo un feito, que pode supor unha vulneración das normas de proteción ao consumidor. Tras analizar a situación denunciada, a Administración adoptará as medidas que considere oportunas para garantir a transparencia do mercado.

Unha denuncia non persegue a defensa individual dos consumidores senón a defensa colectiva, tendente a un equilibrio do mercado, por ese motivo é un procedemento no que o denunciante, por regla xeral non terá a condición de interesado.

Que é unha reclamación?

Cando un consumidor entra en conflito ou desacordo cunha empresa ou un profesional que lle vendeu o producto ou lle prestou un servizo, pode por de manifesto os feitos ante a Administración competente solicitando unha solución ao conflito xenerado, e no seu caso, unha compensación.

Neste caso compre solicitar expresamente a intervención dos órganos arbitrais (Xunta Arbitral de Consumo), xa que os órganos administrativos ordinarios non se pronuncian sobra a procedencia de reparacións ou indemnizacións.

Que son as follas de reclamacións?

Existen diferentes vías que permiten defender os dereitos e restablecer os intereses lesionados dos consumidores, as follas de reclamacións constitúen un instrumento relativamente áxil para facilitarlles a remisión ás administracións das denuncias por presuntas infracións aos dereitos legalmente recoñecidos, e daquelas reclamacións que os consumidores sometan á arbitraxe de consumo.

Quen debe ter follas de reclamacións?

Todas as persoas físicas ou xurídicas titulares de estabelecementos que comercialicen bens ou presten servizos na Comunidade Autónoma de Galicia, á excepción dos centros ou estabelecementos de titularidade pública.

Que ocurre se non nos entregan a folla de reclamacións cando a solicitamos?

Nese caso debemos chamar ao 092, onde non exista se chamará á Policía Nacional ou Garda Civil, se lles solicitará que acudan ao estabelecemento e que levanten unha acta indicando a negativa a entregar folla. O axente deberá proporcionarnos o seu número identificativo para acudir á OMIC e presentar a denuncia/reclamación procedente.

Cómo é a folla de reclamación?

As follas de reclamacións están integradas por un xogo unitario de impresos de papel de calco, composto por un folio orixinal de cor branca, un verde e outro amarelo.

Nos ámbitos do Turismo e o Transporte as follas de reclamacións son diferentes.

Onde se cubre e que datos debe incluir?

Debe cubrirse necesariamente no establecemento onde ocurran os feitos obxecto da reclamación. O reclamante deberá facer constar no impreso o seu nome, apelidos, domicilio, número do documento nacional de identidade ou pasaporte, unha descripción breve dos feitos que motivan a reclamación indicando en que data ocorreron. Se indicarán as pretensións da reclamación e se desexa que sexa resolta a través do Sistema Arbitral de Consumo.

É moi importante describir os feitos de xeito claro e suficiente, pero sin entrar en valoracións personais. Algunhas cincunstancias, como poden ser as datas son especialmente importantes.

Que documentación se xuntará coa folla de reclamacións?

Deberá acompañarse a reclamación con todas as probas ou fotocopias dos documentos que considere necesarios para unha mellor valoración dos feitose, en especial, a factura cando se trate dunha reclamación sobre o prezo. Poderá acompañar a reclamación con todas as probas ou documentos que considere necesarios para unha mellor valoración dos feitos e, en especial, a factura cando se trate dunha reclamación sobre o prezo.

Onde se entrega cada copia?

O impreso orixinal da folla de reclamación de cor branca será dirixido polo reclamante ao Servizo Provincial de Consumo da provincia onde radique o establecemento ou centro, podendo presentarse en calquer centro ou oficina da Administración da Xunta de Galicia ou en calquera dos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quedando a copia de cor verde no seu poder, e a de cor amarela en poder do reclamado.

Tamén se poden presentar nas Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC) ou nas Asociacións de Consumidores e Usuarios

Que prazos de tramitación hai?

Ante un problema derivado dunha relación de consumo é importante informarse dos prazos para poder reclamar xa que estes varían en función da relación de consumo respecto á que se presente o conflito.


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html