Jazztelia TV Revista Túlallevas!

POR UN TRANSPORTE PÚBLICO E DE CALIDADE

envíado por Ferrol | 16 Julio 2008 | sin comentarios

Ferrol, Martes 15 de xulio del 2008

Desde a Asociación de Veciños de Ferrol Vello queremos facer un chamamento xeneralizado a todas as asociacións, a todos os colectivos sociais e, en xeral, a toda a cidadanía cun mínimo de concienciación e responsabilidade para tratar un tema que nós consideramos vital. Trátase do transporte público.

Feitos:

1.- A empresa RIALSA xa está reducindo liñas e horarios principalmente no rural ( Mandiá, Covas, Doniños...) supostamente non lle resulta rendible economicamente.

2.- A Administración está contribuíndo con cartos públicos ao mantemento destas liñas e por tanto axudando a aumentar os beneficios da empresa.

3.- O Concello tamén está a estudar e propoñer unha nova restruturación do transporte público tanto no rural coma no urbano.

4.- Tanto uns coma os outros non contaron coa opinión dos propios usuarios e da ciudadania en xeral que sen dúbida teñen moito que dicir sobre estes estudos e propostas de redución.

Á vista destes feitos queremos manifestar a nosa postura:

• O transporte público non debe ter como fin fundamental o económico senón o servizo á cidadanía e un compromiso medioambiental, de igual xeito que a sanidade e a educación.

• Os máis afectados pola redución ou supresión do transporte público son como sempre, os sectores máis débiles; os cidadáns, o ecosistema e o propio concepto de cidade moderna e con calidade de vida.

• Un país que quere progresar debe manter unhas comunicacións áxiles e en bo estado onde as empresas adxudicatarias invistan en calidade

• Ante a crise enerxética e a necesitade de proxectos de sostibilidade, débense potenciar máis os servizos públicos colectivos para que sexan competitivos e motivadores para deixar os vehículos particulares.

• Fálase moito da participación cidadá e cremos que esta é unha ocasión excelente para que, se se ten vontade, contar coa cidadanía e así cambiar hábitos nocivos a favor dunha convivencia entre vehículos, peatones e cidade.

Xuntemos forzas nun proxecto común.

Asdo./ Xunta Directiva

AVV “FERROL VELLO”


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html