CONVOCATORIA A "TODAS" AS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DO CONCELLO DE FERROL
envíado por Ferrol | 24 Julio 2008 | sin comentarios
A asociacion de veciños de Ferrol vello logo de ter conversacións con outras asociacións veciñais queremos convocar unha reunión este xoves ás 19:30 no salón de actos da nosa asociación vecinal situada fronte a oficina de turismo do porto de Ferrol.
A urxencia da convocatoria está provocada pola necesidade dunha reacción firme e consensuada entre “TODAS” as asociacións de veciños de “FERROL” para acto seguido manter conversacións con todas as entidades veciñais dos concellos limítrofes para intentar facer unha fronte común ante a ameaza que supón para todos:
A DISMINUCIÓN, ELIMINACIÓN E DETERIORO
DO
TRANSPORTE PÚBLICO
Facemos un chamamento a “TODAS” as asociacións veciñais para que fagan un esforzo e acudan a esta reunión de extremada importancia.
Que lideren a voz de moitos dos seus socios que dalgunha ou outra forma, veranse prexudicados en algo tan esencial como é o transporte público.
O fin desta reunión é a creación dun documento reivindicativo esixindo:
• Un estudo serio do transporte público en Ferrol e Bisbarra coa participación dos usuarios que son os que realmente coñecen as necesidades e por conseguinte mellórar os servizos.
• Esixindo investimentos que freen ese circulo vicioso que supón
• Onde se explique con detalle que “TODAS” as asociacións de veciños de Ferrol estamos unidas nisto
• E onde se poña de manifesto que non admitiremos unha degradación do transporte PÚBLICO.
Redactarase igualmente unha lista con todas as asociacións veciñais que acudan á reunión e outra coas que sendo convocadas non acudan a ela, facendo un fraco favor aos seus socios, aos seus veciños en definitiva aos seus conciudadáns.
VÉMONOS ESTE XOVES AS 19:30

www.aduaneirossemfronteiras.org