Jazztelia TV Revista Túlallevas!

O CONCELLO CELEBRA UNHA REUNIÓN COAS ENTIDADES VECIÑAIS PARA ABORDAR O PLAN DE MOVILIDADE

envíado por Ferrol | 9 Agosto 2008 | sin comentarios

Gerardo López Castrillón inicia unha rolda de contactos para fomentar o transporte público entre a cidadanía. O edil explica que se desprazarán aos locais das asociacións veciñais que o soliciten para recoller as súas propostas

O concelleiro de Tráfico, Gerardo López Castrillón, mantivo onte pola tarde unha reunión con tódalas asociacións veciñais da cidade para dar conta do resultado do estudio encargado á Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona para a elaboración dun Plan de Movilidade para a cidade. Tamén para lograr a implicación da cidadanía na política de fomento do transporte público que está a levar a cabo o goberno municipal.

Deste xeito, o concelleiro puxo enriba da mesa o interés da Administración local de mellorar o servizo de transporte de viaxeiros tanto no rural como no entorno urbano. E, ao fío, López Castrillón explicou que esta nova ferramenta prevé unha sensible mellora coa que dar cobertura ao maior número posible de habitantes. Instaurar novas liñas ou modificar as existentes son algunhas das cuestións que avanzou o edil na xuntanza de onte. Como tamén explicou o resultado dos últimos encontros que a institución municipal mantivo cos responsables da Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia.

En definitiva, segundo avanzou López Castrillón, trátase de reducir a dependencia do transporte privado a través da promoción de alternativas atractivas que sexan accesibles para todos e que permitan reducir o impacto no medio ambiente e na saúde pública.

Asemade, o responsable municipal avanzou que os contactos iniciados na xornada de onte se repetirán os vindeiros días xa que está previsto desprazarse ás sedes das asociacións de veciños que así o soliciten para atender as súas dúbidas. Tamén para recoller as súas propostas co fin de incorporalas, de ser o caso, ao futuro plan de movilidade.

WEB DO CONCELLO DE FERROL


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html