Jazztelia TV Revista Túlallevas!

CONCELLO, BANCOS E CAIXAS SE UNEN PARA FAVORECER ACCIÓNS REHABILITADORAS NOS BARRIOS DE A MAGDALENA, FERROL VELLO E A GRAÑA

envíado por Ferrol | 23 Octubre 2008 | sin comentarios

O alcalde preside a sinatura do convenio de colaboración entre Concello e BBVA, Caixanova, Banco Gallego e Kutxa. As entidades financieiras ofrecerán liñas de préstamos ventaxosos ós propietarios para afrontar as actuacións

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, destacou a aposta das entidades financieiras pola revitalización socio-económica dos barrios de A Magdalena, Ferrol Vello e A Graña coa sinatura do convenio de colaboración asinado onte co Concello para o financiamento aos propietarios de inmobles nestes tres barrios das actuacións precisas para a súa rehabilitación. José Conles Fuentes, director da área institucional do Banco Gallego; Raimundo Fernández Varela, director do centro comercial BBVA; Javier Tato Fernández, director da oficina de Kutxa en Ferrol, e Ángel Martínez Moar, director comarcal de Caixanova, rubricaban ese compromiso coa Administración local. Un compromiso que se encadra nos plans de rehabilitación de vivendas e edificacións na Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Magdalena e Ferrol Vello, declarada por acordo do 6 de setembro de 2001, e na ARI de A Graña, por acordo do 6 de xuño de 2005, mediante a concesión de financiamento en condicións especiais aos seus donos.

Así, en virtude do mesmo, as entidades financieiras se comprometen á creación dunhas liñas de préstamos cunhas condicións preferentes destinadas especificamente aos propietarios que as soliciten para o fin detallado. Unhas liñas que, sen dúbida, favorecerán o asentamento poboacional dos tres barrios. En nome da cidade e das familias e cidadáns, o alcalde de Ferrol agradeceu a confianza das entidades financieiras. Asegurou que o convenio é dúctil, adaptable ás distintas realidades e situacións persoais dos seus futuros beneficiarios, e cunhas condicións moi ventaxosas. Actuarán como imán de atracción para o retorno dos cidadáns e as cidadás a A Magdalena, Ferrol Vello e A Graña. E, nos dous primeiros casos, o alcalde lembrou que esa aposta de bancos e caixas coincide coa realizada pola Unión Europea que, a través do Plan Urban concedido a Ferrol e polo que se investirá nesta zona e Canido uns 12 millóns nos próximos cinco anos, se logrará unha revitalización socio-económica da mesma.

Pola súa banda, Ángel Martínez Moar, en representación das entidades financieiras, subliñou que hoxe Ferrolterra é unha terra de oportunidades, pola que merece a pena apostar a pesares do contexto económico internacional. Neste senso, lanzou unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía e asegurou que o convenio que onte se rubricaba constituía unha boa proba de que a actividade de bancos e caixas continuaba con normalidade, reeditando compromisos con logros constatables. Concluiu apuntando que hoxe Ferrolterra ten mellores infraestructuras, ten futuro no sector naval, ten novas perspectivas industriais.

Así mesmo, Miguel Reimúndez, concelleiro de Obras e Vivenda, sinalou que a política rehabilitadora de Concello e Xunta non serían viables en gran medida sen colaboracións como a que onte se daba no consistorio. Destacou as condicións dos créditos e subliñou que, nun contexto de perda de poboación, a tendencia se está a reverter en barrios como o de A Magdalena e Ferrol Vello, que captaron uns 120 fogares nos últimos cinco anos. Ou o que é o mesmo, uns 250 habitantes máis. En grande parte, grazas a acordos como o asinado onte.


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html