COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS
envíado por Ferrol | 26 Octubre 2008 | sin comentarios
Ferrol 24 outubro de 2008
As entidades abaixo asinantes que vimos participando desde o mes de maio na elaboración dun novo regulamento de Participación aprobado e aceptado por máis de 70 entidades de Ferrol no Campus de Esteiro queremos MANIFESTAR:
* Que apoiamos o proceso de Participación Cidadá posto en marcha no Concello de Ferrol e reclamamos a súa continuidade.
* Que demandamos, de manera inmediata, a convocatoria extraordinaria dun pleno para aprobar o novo regulamento de Participación Cidadá.
* Demandamos que o regulamento de Goberno e Administración do Concello de Ferrol que se pretende aprobar o próximo luns non contradiga o regulamento de participación Cidadá consensuado polo Foro Cívico e non vaia en contra do proceso de participación Cidadá que se ven desenvolvendo en Ferrol.
AV. Caranza – AV. O Rosario-Inferniño – AV Prioriño, AV. San Pablo, AV Ferrol Vello, ADEGA, ATENEO, AV de Esteiro Fontelonga, AV Covas.
Sumarvos en favor dunha participación real e eficaz

www.aduaneirossemfronteiras.org