Jazztelia TV Revista Túlallevas!

DOCUMENTO CONSENSUADO DE INTERVENCIÓN NO PLENO EXTRAORDINARIO

envíado por Ferrol | 3 Noviembre 2008 | sin comentarios

Ferrol 27 de outubro de 2008.

Sr Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, veciñas e veciños de Ferrol, ¡ Boas tardes ¡.

No nome das nove entidades que solicitamos intervir neste Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol ( AV de Caranza, AV O Rosario-Inferniño, AV de Covas,AV de Ferrol Vello, AV Prioriño, AV San Pablo de Catabois, ADEGA, Ateneo Ferrolán e AV de Esteiro- Fontelonga), queremos DEMANDAR a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha por este Concello de Ferrol desde a Concellería de Participación Cidadá no presente ano 2008.

Hai máis entidades que xa nos amosaron o seu apoio como a Xunta Veciñal de Doniños, AV de Valón, AV San Salvador de Serantes, AV da Zona Centro e a Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” e outras máis o irán facendo ó longo da semana.

Non vimos a ser portavoces de ningún grupo político, non vimos a censurar nin a atacar a ningún grupo municipal, todos eles nos merecen o maior respecto .

Vimos, exclusivamente, a que se recoñeza o traballo que vimos desenvolvendo, de maneira consensuada, desde o mes de maio na elaboración dunha ferramenta de participación cidadá: O novo Regulamento, e agardamos que hoxe non sexa o día no que no Concello de Ferrol morra ou se mate, por intereses partidarios, a participación cidadá .

DEMANDAMOS dos cinco grupos municipais o apoio ó proceso de participación cidadá e agardamos que Vostede, sr. Alcalde, faga o mesmo.

Non se converta vostede, sr Alcalde, na persoa que desde a Alcaldía de Ferrol, matou a participación do tecido asociativo da cidade na vida municipal, sería para vostede, sr Alcalde, un triste logro..

Se algún grupo municipal pretende utilizarnos no seu favor, está fondamente trabucado.

Se algún medio de comunicación, como sucedeu o sábado e o domingo, ve no noso comportamento e nas nosas demandas algún apoio á algún partido político, trabúcase moito máis.

So vimos aquí a demandar que os partidos políticos cumpran o que prometen nas campañas electorais: Gobernar para os cidadáns e as cidadás e sobre todo cos cidadáns e as cidadás.

Non vimos aquí a cuestionar a lexitimidade dos grupos municipais, nin moito menos os queremos suplantar, pero queremos que se aprobe urxentemente o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, elaborado e consensuado por máis de 70 entidades asociativas e por cidadáns e cidadás a título persoal, que fomos quen , por riba das nosas moitas maneiras de ver a vida , de chegar a un documento de todos e de todas, documento que , previo informe xurídico do Secretario Municipal, foi apoiado polos grupos municipais na xuntanza que mantivemos con eles.

Queremos que se poñan en marcha as asembleas de barrio e de parroquia.

Queremos que se poñan en marcha os consellos sectoriais.

Queremos que se poña en marcha o Consello da Cidade e o Valedor Veciñal.

Queremos que se poida intervir nos Plenos e nas Comisións Informativas.

Queremos, sobre todo, no 2009 que se poñan en marcha os Orzamentos Participativos, que unha experiencia piloto nun barrio ou parroquia ou nunha área de goberno municipal poña en marcha os orzamentos participativos.

Como saberán vostedes no veciño concello de Fene, vano facer con 240.000 euros, 120.000 na parroquia de San Valentín e 120.000 na parroquia de Sillobre. En Ferrol a cantidade terá que ser sensiblemente maior.

Non dubide, sr. Alcalde, de que chegaremos a un acordo de en que barrio ou en que parroquia se fai a experiencia piloto, nós sabemos e queremos o consenso e xa o temos demostrado ó longo do proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.

Agardamos e demandamos dos Grupos Municipais, e sobre todo de Vostede sr. Alcalde, que hoxe non se aprobe un Regulamento de Administración e Goberno do Concello de Ferrol, que vaia contra o proceso participativo, nin contra o froito dese proceso o Regulamento de Participación Cidadá, deixando baleiro de contido e convertendo en papel mollado.

Se isto sucedese, sr Alcalde, se hoxe morre ou matan a participación cidadá, saiba Vostede que o tecido asociativo non imos ficar nin mudos e moito menos imos ficar quedos.

Nós non nos pronunciamos sobre quen ten que gobernar a cidade, non é a nosa competencia.

Nós demandamos a continuidade da participación cidadá na vida municipal de Ferrol.

Nós tamén formamos parte da cidade e colaboramos día a día na construción da mesma, no noso tempo libre, restandoo das nosas afeccións e roubándollo ás nosa familias , con moito esforzo e de maneira gratuíta, como non pode ser doutro xeito.

O tecido asociativo non pode ser só o río no que pescan os partidos políticos cando conforman as súas candidaturas as eleccións municipais, non somos entidades de usar e logo tirar, somos e temos vocación de ser moito mais.

Somos o tecido asociativo máis importante e máis vivo de toda Galicia e sempre que nos deixan ou nolo piden estamos dispostos a participar co noso traballo e co noso esforzo.

Non hai moitos días, sr Alcalde, e neste mesmo Salón de Plenos do Concello de Ferrol, Vostede recoñecía o importante labor desenvolvido por moitas entidades asociativas na elaboración do Plano Estratéxico de Servizos Sociais de Ferrol, posto en marcha desde a Concellería de Benestar Social, foron moitas horas, moito traballo e moito esforzo. Que non se pretenda hoxe deixarnos mudos.

Nun sistema democrático os comportamentos ególatras, irrespectuosos e “caudillistas”, están fóra de tempo e de lugar, Ferrol non os precisa e nós nin os practicamos nin os toleramos.

Queremos, xa para rematar, DEMANDAR dos Grupos Municipais do Concello de Ferrol, que non aproben ningún Regulamento de Administración e Goberno, que limite, menosprece ou minusvalore a participación cidadá.

DEMANDAMOS para o exercicio do 2009 orzamentos participativos, cunha partida económica importante.

DEMANDAMOS a aprobación e posterior desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá , elaborado, de maneira consensuada e sen ningún dirixismo político, polo tecido asociativo.

Agardamos que os cinco Grupos Municipais aposten decididamente pola participación cidadá e agardamos que Vostede, Sr Alcalde, faga o mesmo.

¡ Moitas grazas !


sin comentarios - Escribe aquí tu comentario





sobre mí

AXENDA-CALENDARIO DE NOTICIAS DA AVV FERROL VELLO

ESTATUTOS DA AVV FERROL VELLO


TELEFONO-FAX: 981356842 MOVIL:638176108
CONTACTO ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO
avvferrolvello@yahoo.es

Free Web Counters
Online Schools

CONSIGUE A TUA CAMISETA PARROCHEIRA 2008 para conseguila envianos un correo facendo clic na imaxe www.aduaneirossemfronteiras.org


FRASES, CITAS Y ANOTACIONES
...ser historiador es mi trabajo (...) estudiar la historia en el momento mismo de su desarrollo, lo que es el periodismo (...) Todo periodista es un historiador. Lo que él hace es investigar, explorar, describir la historia en su desarrollo. Tener una sabiduría y una intuición de historiador es una cualidad fundamental para todo periodista. (...) en el buen periodismo, además de la descripción de un acontecimiento, tenéis también la explicación de por qué ha sucedido; en el mal periodismo, en cambio, encontramos sólo la descripción, sin ninguna conexión o referencia al contexto histórico. Encontramos el relato del mero hecho, pero no conocemos ni las causas ni los precedentes. La historia responde simplemente a la pregunta: ¿por qué?

(Kapuscinski Los cínicos no sirven para este oficio)

googled61cde9f84d9ea96.html