¡¡Nunca se paralizou ningunha obra ilegal por parte do concello!!
envíado por Narón | 12 Mayo 2006 | sin comentarios
Vivir no Concello de Narón...
Veciños do concello de Narón, viven dende hai máis de 4 anos un estado de sitio por estar ocupado o camiño público que constitúe o único acceso transitable ás súas vivendas, co coñecemento e a permisividade do concello de Narón dende o comezo da ocupación.
¡¡Nunca se paralizou ningunha obra ilegal por parte do concello!!
A pesar de tódalas evidencias, as denuncias convértense en papeis arquivados nun groso expediente no concello de Narón e mentras os veciños afectados vémonos privados do dereito de libre circulación e polo tanto de PRIVACIÓN DO ESTADO DE DEREITO.
Paralelamente somos sistemáticamente agredidos, coaccionados, insultados e acosados diariamente polos veciños que pretenden apropiarse da vía pública. Incluindo: agresións con sachos, palas de albanel ou puñetazos e patadas contra os nosos vehículos etc, etc...
Estes son feitos sobradamente acreditados nun grande número de sentencias públicas e condenatorias dos diferentes xulgados de Narón, Ferrol e Audiencia Provincial de Coruña.
Do mesmo xeito impídese dende fai catro anos o paso de vehículos de suministro de certo porte, ambulancias e coches de bombeiros ás vivendas desta zona, co grave risco que esto conleva.
Invitámoslle a achegarse a través das descricións, vídeos e imaxes desta web ó inferno polo que os veciños ocupadores e a non acción do concello de Narón nos obligan a ter que pasar cada día para poder entrar ou sair das nosas casas...
http://www.ovilar.com/